Jody David Scheckter, nado en East London o 29 de xaneiro de 1950, é un expiloto de carreiras surafricano, Campión do Mundo de Pilotos de Fórmula 1 de .

Traxectoria Scheckter estudou no Selborne College. Ascendeu rapidamente na Fórmula 1 logo de mudarse a Gran Bretaña en 1970. Debutou no Circuíto de Watkins Glen en con McLaren e chegou a ir 3º antes de dar un trompo, acabou noveno. Inmediatamente converteuse nun home a seguir, continuou o seu desenvolvemento ao ano seguinte, gañando o campionato de Fórmula 5000 e disputando 5 carreiras de F1. En Francia, estivo a piques de gañar na súa terceira carreira na F1 antes de estrelarse con Emerson Fittipaldi, o campión do mundo nese intre, que logo do accidente con Scheckter dixo "Este tolo é unha ameaza para si mesmo e todos os demais e non pertence á Fórmula 1". Na súa seguinte carreira, o GP de Gran Bretaña en Silverstone, Scheckter estivo involucrado nun grande accidente que deixou case unha ducia de coches fóra da carreira. O Grand Prix Drivers' Association esixiu a súa expulsión inmediata, que quedou, logo dun acordo con McLaren, nunha suspensión durante catro carreiras. Scheckter co McLaren M23 levou o número cero nos Grandes premios do Canadá e os Estados Unidos de 1973. Scheckter é un dos dous pilotos da F1 que competiron con este número, o outro foi Damon Hill.

miniatura|esquerda|Scheckter na icona Tyrrell P34. En Tyrrell deulle a súa primeira tempada completa na F1. Jody recompensounos cunha 3ª praza no campionato de pilotos e un par de vitorias en Suecia e Gran Bretaña. Durante a tempada, anotou puntos en 8 carreiras consecutivas. No ano seguinte non destacou, a pesar de que chegou a gañar o Gran Premio de Suráfrica, pero o seu terceiro ano co equipo, en , deulle outra 3ª praza no campionato de pilotos. Nesa tempada, Tyrrell introduciu o coche máis radical na historia da F1, o de seis rodas, o Tyrrell P34. Scheckter deu ás seis rodas a súa única vitoria, en Suecia, no circuíto de Anderstorp e nas súas 12 carreiras co coche, anotou puntos en 10 ocasións, incluíndo o Gran Premio dos Estados Unidos, unha carreira cunha longa e emocionante loita polo liderado entre el e o seu grande amigo James Hunt.

Scheckter marchou a Walter Wolf o seu novo equipo en e deulle ao equipo unha vitoria na súa primeira carreira. Gañou dúas veces máis e era común que rematara no podio, pero terminou segundo na tempada detrás de Niki Lauda. En acabou no 7º lugar, deixou o equipo logo do fin da tempada para unirse a Ferrari xunto con Gilles Villeneuve no equipo do coche do efecto terra, o 312T4.

Os críticos sentían que non se levaba ben coa dirección de Ferrari, pero superou con fartura as expectativas e axudou a dar o equipo o campionato de construtores de F1, en consonancia, Scheckter, con tres vitorias, acadou o campionato de pilotos en 1979. Con todo, defendeu moi mal o seu título en 1980, nin sequera foi capaz de clasificarse para unha das carreiras. Logo de conseguir só dous puntos, Scheckter retirouse do equipo e o deporte. Scheckter foi o último piloto en gañar un campionato pilotando para Ferrari ata que Michael Schumacher fíxoo 21 anos despois.

Logo da Fórmula 1 En 1981, Scheckter gañou o Mundial Superstars a competición en Key Biscayne, Florida. Derrotou aos atletas, como Russ Francis, Renaldo Nehemiah, Peter Mueller, Rick Barry, Cayetano Boucher e Andy Ripley.

Despois da retirada, Scheckter, fundou FATS Inc, unha compañía que construía simuladores de armas de fogo para a capacitación dás forzas militares, policiais e organismos de seguridade. A venda da empresa proporcionoulle os fondos para permitir que Scheckter axudara ás carreiras dos seus fillos, Tomás e Toby. Tomás Participou na Indy Racing League, onde gañou dúas carreiras. O irmán de Scheckter, Ian, tamén competiu na Fórmula 1 durante uns poucos anos.

Scheckter foi comentarista da ITV durante o Gran prmio de San Mariño de 1999, en substitución de Martin Brundle.

Presente Scheckter agora pasa o seu tempo como agricultor orgánico, logo da compra da Laverstoke Park Farm, preto de Overton, Hampshire, 64 km ao oeste de Londres. Como experto en agricultura orgánica, presentou varios documentais para a televisión. Está casado e ten seis fillos. Dous da súa esposa anterior Pamela: Toby e Tomás, e catro do seu actual matrimonio con Clara: Hugo, Freddie, Ila e Poppy.

Resultados completos na Fórmula 1

Carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 WDC Puntos Yardley Team McLaren McLaren M19A Cosworth V8 ARX RSA ESP MON BEL FRA RU ALE AUT ITA CAN USA9 NC 0 Yardley Team McLaren McLaren M19A Cosworth V8 ARX BRA RSA9 ESP BEL MON SWE NC 0 McLaren M23 FRARet RURet HOL GER AUT ITA CANRet USARet Elf Team Tyrrell Tyrrell 006 Cosworth V8 ARXRet BRA13 RSA8 3º 45 Tyrrell 007 ESP5 BEL3 MON2 SWE1 HOL5 FRA4 RU1 ALE2 AUTRet ITA3 CANRet USARet Elf Team Tyrrell Tyrrell 007 Cosworth V8 ARX11 BRARet RSA1 ESPRet MON7 BEL2 SWE7 HOL16 FRA9 RU3 ALERet AUT8 ITA8 USA6 7º 20 Elf Team Tyrrell Tyrrell 007 Cosworth V8 BRA5 RSA4 USWRet ESPRet 3º 49 Tyrrell P34 BEL4 MON2 SWE1 FRA6 RU2 ALE2 AUTRet HOL5 ITA5 CAN4 USA2 XPNRet Walter Wolf Racing Wolf WR1 Cosworth V8 ARX1 BRARet RSA2 USW3 MON1 SWERet RURet ITARet CAN1 2º 55 Wolf WR2 ESP3 ALE2 HOL3 USA3 Wolf WR3 BELRet FRARet AUTRet XPN10 Walter Wolf Racing Wolf WR4 Cosworth V8 ARX10 7º 24 Wolf WR1 BRARet RSARet MON3 BELRet Wolf WR3 USWRet Wolf WR5 ESP4 SWERet FRA6 RURet ALE2 AUTRet ITA12 Wolf WR6 HOL12 USA3 CAN2 Scuderia Ferrari Ferrari 312T3 Ferrari Flat-12 ARXRet BRA6 1º 51 (60) Ferrari 312T4 RSA2 USW2 ESP4 BEL1 MON1 FRA7 RU5 ALE4 AUT4 HOL2 ITA1 CAN4 USARet Scuderia Ferrari Ferrari 312T5 Ferrari Flat-12 ARXRet BRARet RSARet USW5 BEL8 MONRet FRA12 RU10 ALE13 AUT13 HOL9 ITA8 CANDNQ USA11 19º 2

Notas

Categoría:Pilotos campións do mundo de Fórmula 1 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de McLaren Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Suráfrica Categoría:Nados na provincia do Cabo Oriental Categoría:Nados en 1950