A é unha alga comestible da familia das algas pardas. Ten un aroma delicado e doce, e sérvese usualmente en sopas e ensaladas.

Ten sido cultivada por granxeiros mariños no Xapón e Corea dende hai centos de anos. A súa extensión a outras partes do mundo por medio dos cascos dos barcos ou en sementes de ostra fai que, desde o punto de vista da ecoloxía, sexa considerada unha especie invasora.

Características Pertence ao grupo das algas pardas e é de cor verde-castaña clara. A súa forma semella unha grande folla de carballo. Vive en augas profundas (até 25 metros) e chega a medir 1,5 metros de lonxitude. É na primavera cando acada o seu máximo desenvolvemento.

Adaptada moi ben aos fondos das rías galegas, a miúdo asociada ao mexillón. A súa recolleita é difícil, ten que ser feita por mergulladores especializados.

Uso alimentario

En Asia e o Pacífico miniatura|dereita|Secadoiro artesanal de wakame en Corea. miniatura|dereita|Ensalada de wakame fervido. miniatura|dereita|Sopa de miso, prato xaponés con Tofu, Wakame e ceboliñas. miniatura|dereita|Miyeok guk, sopa coreana con wakame miniatura|Wakame con sardiñas, prato xaponés

Na China é chamada qundaicai (裙带菜)..A produción chinesa concéntrase arredor de Dalian.

En Corea é chamada miyeok (미역) e, de aí, ven o nome da sopa miyeok guk.

A wakame é a segunda alga máis consumida no mundo en alimentación directa, e procede case na súa totalidade das zonas de cultivo do Xapón, Corea e a China. Ademais da sopa miso xaponesa ou a Sopa miyeok guk coreana, en xeral é usada como ingrediente de ensaladas xunto con tofu (queixo de soia) e cogombros, e aderezada con mollo de soia e vinagre de arroz.

En Europa

A wakame chegou accidentalmente ás costas de Galicia e Francia xunto con sementes de ostra xaponesa e adaptouse como unha máis do país, a miúdo asociada aos mexillóns. As wakames recolleitas en Galicia son, debido ás especiais características oceanográficas, as mellor adaptadas do atlántico europeo, presentando unha textura suave e un sabor doce "a mar".

En francés foi proposto o nome "fougère des mers" (é dicir fieito de mar), mentres que en inglés "sea mustard" (mostaza de mar). Por non ser unha alga tradicional das costas de Galicia aínda non ten nome popular galego, pero ben podía ser chamada "grelo de mar", pola similitude de aspecto e textura con esa verdura, ou "carballa" polo seu parecido cunha folla de carballo.

O consumo de wakame en Europa, ao igual que o do resto das algas, máis que polas existentes tradicións costeiras, entrou por influxo das poboacións orientais aveciñadas nas cidades (sobre todo a través dos seus restaurantes). No caso concreto do Wakame débese principalmente á popularización dos restaurantes xaponeses de suxi. Tamén ten unha grande influencia a expansión do movemento macrobiótico na segunda metade do século XX, impulsado polos xaponeses Georges Ohsawa e Mishio Kushi.

En Galicia, tanto nas Rías Altas como nas Baixas, hai experiencias avanzadas de produción de wakame por cultivo mariño, amais dunha apreciable cantidade por recolleita de exemplares silvestres

Tamén existen cultivos mariños de wakame na Bretaña.

Propiedades nutritivas e de saúde

O wakame é moi rico en calcio, mineral no que acada valores extraordinarios (1.380 mg/100g), maiores que o leite de vaca (tipicamente 120 mg/100g).

É apreciable o seu contido de proteínas (22,7 g por cada 100) con alto valor biolóxico polo seu equilibrio entre aminoácidos esenciais.

É unha fonte excelente de iodo, oligoelemento fundamental para o funcionamento da tiroide e a eliminación do exceso de graxas.

Tamén posúe ácido alxínico e polisacáridos que en experiencias con ratos se amosan capaces de desintoxicar o corpo e eliminar metais pesados e isótopos radioactivos.Rose,H.E., Quaterman, J Fibras dietéticas e retención de metais pesados en ratas McGillElliaz, I. Weil, E. Integrative medicine and the role of modified citrus pectin/alginates in heavy metal chelation and detoxification--five case reportsSkoryna, S.C.STUDIES ON INHIBITION OF INTESTINAL ABSORPTION OF RADIOACTIVE STRONTIUM. I. PREVENTION OF ABSORPTION FROM LIGATED INTESTINAL SEGMENTSKothimchemko, M. Lead absorption and excretion in rats given insoluble salts of pectin and alginateSkoryna, S.C. Studies on the inhibition of intestinal absorption of radioactive strontium (V)

Estudos feitos na universidade de Hokkaido indican que un composto do wakame chamado fucoxantina pode axudar á queima do tecido graxo.Maeda H, Hosokawa M, Sashima T, Funayama K, Miyashita K. A fucoxantina das algas comestibles Undaria pinnatifida, amosa efecto antiobesidade pola expresión da proteína de desacoplamento UCP1 en tecidos adiposos brancos. Biochem Biophys Res Commun. 2005 Jul 1;332(2):392-7.Referencia publicación médica dos efectos antiobesidade da fucoxantina do wakame. Estudos en ratos amosan que a fucoxantina induce a expresión da proteína queima-graxas UCP1, que se acumula en tecidos adiposos arredor dos órganos internos. A expresión da proteína UCP1 foi significativamente incrementada en ratos alimentados con fucoxantina.

Tamén é unha fonte de ácidos graxos omega-3, e ten un dos maiores cocientes de nutrientes fronte a calorías, con máis de 400 mg/100 kcal ou case 1 mg/kJ.

Na medicina oriental o wakame é considerado como un elemento purificador do sangue e órganos.

Valores nutricionais típicos do wakame (cantidades cada 100 g) Fernández Saa, C. (2002) Algas de Galicia. Alimento y Salud

Calcio 1.380 mg Fósforo 235 mg Magnesio 6.805 mg Potasio 6.810 mg Sodio 4.880 mg Ferro 30 mg Proteínas 22,7 g Graxas 1,5 g Vitamina A 0,04 mg Vitamina B1 0,17 mg Vitamina B2 0,23 mg Vitamina B12 3,6 mg Vitamina C 5,29 mg Vitamina E 1,4-2,5 mg

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Fernández Saa, C. (2002) Algas de Galicia. Alimento y Salud. Redondela: Algamar. ISBN 84-607-4503-1. Outros artigos Algas Ligazóns externas Base de datos de algas Undaria pinnatifida na FAO Undaria pinnatifida at the Joint Nature Conservation Committee, UK Global Invasive species database

Categoría:Algas Categoría:Algas comestibles