H2O: Just Add Water é unha serie de televisión australiana xuvenil. Transmítese en máis de cen países de todo o mundo.
Sinopse Rikki (Cariba Heine), Emma (Claire Holt) e Cleo (Phoebe Tonkin) son tres rapazas adolescentes que viven na Costa Dourada australiana. Por culpa dunha broma de Zane Bennet (Burgess Abernethy) as rapazas atópanse mar dentro. Ven a illa de Maco (lugar de grande importancia na serie) e diríxense a ela. Alí atopan un volcán inactivo, e dentro del un estraño canal submarino. Para non quedar encerradas na illa deciden nadar e buscar a saída. Cando se meten no canal a lúa alumea o pozo a través do cráter, facendo que este se poña a burbullar. A partir dese día as tres convértense en sereas ao tocar a auga. No segundo episodio cóntanlle a Lewis, o noivo de Cleo, que son sereas ao tocar a auga.
Na segunda tempada aparece unha nova serea Charlotte Watsford (Brittany Byrnes) mais esta é mala. Sae con Lewis durante a maior parte da temporada pero case ao acabar a temporada Lewis rompe con ela para volver con Cleo.
Na terceira temporada Emma e Lewis vanse da serie e aparece Isabella Hartley, Bella (Indiana Evans) con Will Benjamin (Luke Mitchell).
Véxase tamén Ligazóns externas H2O: Just Add Water na IMDb
Categoría:Series de televisión iniciadas en 2006 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2010 Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión de Australia