O Imperio Romano (en latín: ) foi un imperio da antigüidade sucesor da República Romana e caracterizado por un sistema autocrático. Gobernou extensas terras ao longo de Europa e o Mediterráneo. Durante o mandato de Traxano abarcaba, de oeste a leste, dende o océano Atlántico até as beiras do mar Caspio, o mar Vermello e o golfo Pérsico e, de norte a sur, dende as fragas dos ríos Rin e Danubio e a fronteira con Caledonia até o deserto do Sáhara. A súa superficie en tempos de Traxano adoita considerarse maior a 5 millóns de km2 e a máxima estimada foi duns 6,5 millóns de km².

O imperio xurdiu trala da vitoria de Octavio Augusto sobre Marco Antonio no ano 27 a. C. Aínda que Octavio nunca se proclamou emperador, de feito, asumiu tódolos poderes do Estado e inaugurou a primeira dinastía de emperadores, a dinastía Xulia-Claudia. O imperio foi destruído definitivamente no ano 476 tras a caída de Roma nas mans dos bárbaros. Aínda que Octavio non aboliu legalmente a república e compartía o poder co senado, na realidade era el quen tomaba as decisións. O imperio estableceu novas estruturas económicas, políticas e relixiosas para administrar un territorio cada vez máis grande. Octavio adoptou ao seu fillastro Tiberio ao que seguiron varias dinastías de emperadores.

Baixo o mando de Constantino I, no século IV, o cristianismo converteuse na relixión preponderante do Imperio. O emperador Xuliano tentou volver ao paganismo, pero con Teodosio I o cristianismo asentouse definitivamente nun imperio que á súa morte, de feito, xa estaba invadido polos bárbaros e desmembrado. Finalmente, no ano 476 Roma caeu nas mans dos visigodos ao mando de Alarico, só sobreviviu o Imperio Romano de Oriente, até que en 1453 os otománs tomaron Constantinopla.

Historia César Augusto miniatura|esquerda|180px|A batalla de Actium. Coa vitoria de Octavio Augusto sobre Marco Antonio, a República anexionouse de facto as ricas terras de Exipto, aínda que a nova posesión non se incluíu dentro do sistema regular de goberno das provincias senón convertida nunha propiedade persoal do emperador legable aos seus sucesores. Ao seu regreso a Roma o poder de Octavio foi enorme, tanto como o foi a influencia sobre as súas lexións.

miniatura|esquerda|180px|Octavio Augusto. No ano 27 a. C. estableceuse unha ficción de normalidade política en Roma, outorgando a Augusto, por parte do Senado, o título de Imperator Caesar Augustus (Emperador César Augusto). O título de emperador, que significa «vencedor na batalla» convertíao en comandante de tódolos exércitos. Asegurou o seu poder mantendo un fráxil equilibrio entre a aparencia republicana e a realidade dunha monarquía dinástica con aspecto constitucional, en canto compartía as súas funcións co Senado, pero de feito o poder do príncipe era completo. Por iso, formalmente nunca aceptou o poder absoluto aínda que de feito exerceuno, asegurando o seu poder con varios postos importantes da república e mantendo a orde sobre varias lexións. Despois da súa morte consagrouse a Octavio como fillo do Divus (divino) Xulio César, o que o convertería, á súa morte, en deus.

No plano militar Augusto estableceu as fronteiras do Imperio Romano no que el consideraba debían ser os seus límites máximos de extensión ao norte; o limes Elba-Danubio. Así mesmo, finalizou a conquista de Hispania dobregando ás últimas tribos do norte, que permanecían aínda á marxe do control militar romano. Ao sur, en Exipto batallou contra as tropas unidas de Marco Antonio e Cleopatra, nas que venceu na batalla de Actium (14 d. C.). Máis tarde, coa conquista das terras dos Tolomeos (descendentes de Tolomeo I, xeneral que gobernou Exipto á morte de Alexandre Magno, e cuxo liñaxe era representado por Cleopatra), a dinastía tolemaica foi finalizada desde Alexandría até case o deserto do Sáhara.

Ao norte, Augusto tamén obtivo grandes vitorias e adquiriu para o imperio a Xermania Magna, co que os límites se estendían ao longo do río Elba. Mais esta situación non duraría moito: Augusto confiou a dirección da provincia a un inexperto gobernador Publio Quintilio Varo. A súa ineptitude e o seu escaso entendemento das culturas locais, nada afeitas á someterse ante un conquistador, incrementaron os receos dos aldeáns. Así foi como no 9 a. C. unha revolta protagonizada por Arminio aniquilou o tres lexións de Varo nunha brutal emboscada coñecida como a batalla do bosque de Teutoburgo. A reacción romana permitiu evacuar non sen problemas o resto de corpos militares acantonados na Xermania. Augusto, escandalizado ante o desastre militar, exclamaría:

Finalmente, e a pesar dos desexos iniciais de Augusto, as lexións retiráronse a defender a fronte do Rin. Así o sistema de límites nórdico manteríase estable até o colapso do imperio na menos firme fronteira Rin-Danubio. Augusto recomendou ao seu sucesor Tiberio que non tratase de estender máis aló as súas fronteiras.

De Tiberio a Alexandre Severo miniatura|dereita|400px|O Imperio Romano no ano 210, durante o goberno de Septimio Severo. Augusto foi sucedido polo seu fillastro Tiberio, fillo do primeiro matrimonio da súa esposa Livia. Augusto era un descendente da gens Xulia (casa Xulia), un dos máis antigos clans patricios de Roma, mentres que Tiberio era descendente da gens Claudia. Os seus tres inmediatos sucesores descenderon todos da gens Claudia, por parte do irmán de Tiberio Nerón Claudio Druso. Descenderon da gens Xulia os emperadores Calígula e Nerón por parte de Xulia a Maior, a filla do primeiro matrimonio de Augusto, e o emperador Claudio por medio da irmán de Augusto Octavia Minor. Os historiadores adoitan referirse a esta casa como a "dinastía Xulio-Claudia".

Os primeiros anos do reinado de Tiberio foron relativamente pacíficos. Con todo, pronto o seu goberno caracterizouse pola paranoia. Comezou unha serie de xuízos por traizón e execucións, que continuaron até a súa morte no ano 37. O lóxico sucesor do odiado Tiberio era o seu sobriño de vinte e catro anos Calígula. A rexencia de Calígula comezou ben, pero despois dunha enfermidade converteuse nun tirano e tolo. No ano 41 foi asasinado e dous días despois da seu morte o senado debateu a restauración da república.

Porén, debido ás demandas do exército, Claudio declarouse emperador en última instancia. Claudio non era nin paranoico, como o seu tío Tiberio nin tolo como o seu sobriño Calígula, polo que foi capaz de administrar o imperio razoablemente. Na súa vida familiar tivo menos éxito, xa que casou coa súa sobriña, que é posible que o envelenase no ano 54. Nerón, quen sucedeu a Claudio, centrou gran parte da súa atención na diplomacia, o comercio e o incremento do capital cultural do imperio. Nerón, con todo, é lembrado como un tirano, e viuse obrigado a suicidarse no 68.

O goberno de Nerón foi seguido por un breve período de guerra civil, coñecido como o "ano dos catro emperadores". Augusto estabelecera un exército permanente, onde soldados individuais servían baixo os mesmos gobernadores militares durante un período prolongado de tempo. A consecuencia foi que os soldados nas provincias desenvolveron un alto grao de lealdade aos seus xefes, que non tiñan para o Emperador. Así, o Imperio foi, en certo sentido, unha unión de incipientes principados, que poderían terse desintegrado en calquera momento. Entre xuño do 68 e decembro do 69, Roma foi testemuño do xurdir e sucesiva caída de Galba, Otón e Vitelio, até a ascensión final de Vespasiano, primeiro gobernante da dinastía Flavia. Estes eventos demostraron que calquera xeneral vitorioso podía lexitimamente reclamar o dereito ao trono.

Vespasiano, a pesar dun emperador con éxito, continuou o debilitamento do Senado, que xa viña ocorrendo dende o goberno de Tiberio. A través da súa sólida política fiscal, foi capaz de acumular un superávit no tesouro, polo que comezou a construción do Coliseo. Tito, o sucesor de Vespasiano, aínda que rapidamente demostrou os seus méritos, o seu curto reinado estivo marcado polo desastre, incluíndo a erupción do Vesuvio en Pompeia. Presidiu as cerimonias de inauguración do Coliseo, aínda sen rematar, e faleceu no 81. Sucedeuno o seu irmán Domiciano, que cunhas extremadamente malas relacións co Senado, foi asasinado en setembro do 96.

O seguinte século coñeceuse como o período do "cinco bos emperadores" (Nerva, Traxano, Hadriano, Antonino Pío e Marco Aurelio), nos que as sucesións eran pacíficas e o Imperio próspero. Cada emperador deste período foi adoptado polo seu predecesor. Os últimos dous do "cinco bos emperadores" e Cómodo tamén se lles chamou Antoninos. Despois da súa ascensión ao trono, Nerva, que sucedeu a Domiciano, estabeleceu un novo ton: restaurou moitos bens confiscados e fixo que o Senado participase no seu goberno.

A partir do 101 Traxano levou a cabo dúas campañas militares contra Dacia, rica en ouro, que finalmente conquistaron no 106. En 112, Traxano marchou sobre Armenia e anexionouna ao Imperio Romano. Logo avanzou cara ao sur en Partia (territorio que correspondía aproximadamente ao actual Irán), tomando varias cidades de Mesopotamia, antes de declarar unha nova provincia do imperio, e lamentando ser demasiado vello para seguir os pasos de Alexandre Magno. Durante o seu reinado, o Imperio Romano acadou a súa máxima extensión, non conseguindo ampliarse xa nunca máis nunca máis cara oriente. O goberno de Hadriano estivo marcado por unha falta xeral de grandes conflitos militares, aínda que tivo que defender os vastos territorios que Traxano adquirira.

O goberno de Antonino Pío foi relativamente pacífico. Durante o reinado de Marco Aurelio, as tribos xermánicas puxeron en marcha numerosas incursións pola fronteira norte. O período dos "cinco bos emperadores" é tamén comunmente descrito como a Pax Romana, ou "Pax Romana", que chegou á súa fin durante o goberno de Cómodo, fillo de Marco Aurelio, e que rompeu a tradición dos sucesores por adopción que resultara tan ben. Cómodo volveuse paranoico, chegando á tolemia, antes de ser asasinado no 192.

A dinastía Severa, que durou dende o 193 até o 235, incluíu gobernos cada vez máis complicados. O primeiro emperador da dinastía foi Septimio Severo que, nun goberno xeralmente existoso, cultivou o apoio do exército substituído senadores por oficiais ecuestres nos principais postos administrativos. O seu fillo, Caracalla, estendida plena cidadanía romana a tódolos habitantes libres do imperio. Cada vez máis inestable e autocrático, Caracalla foi asasinado por Macrino, que lle sucedeu, antes de ser asasinado e sucedido por Heliogábalo. Alexandre Severo, o último da dinastía, foi cada vez máis incapaz de controlar o exército, e foi asasinado en 235.

A crise do século III miniatura|220px|Constantino o Grande. A crise do século III é un nome común aplicado para o case colapso do Imperio Romano entre os anos 235 e 284. Durante este período de tempo chegaron a gobernar vinte e cinco emperadores, e o imperio experimentou grave crise militar, política e económica. Ademais, en 251, estalou a peste de Cibrán (Cibrán), unha pandemia que causou unha gran mortalidade a unha grande escala e que puido afectar gravemente á capacidade do Imperio para defenderse. Este período terminou coa chegada de Diocleciano, que gobernou dende o 284 até o 305, e que resolveu moitos dos graves problemas experimentados durante a crise.