Naruto: Shippūden the Movie (劇場版NARUTO−ナルト− 疾風伝 Gekijōban Naruto Shippūden) é un filme de animación xaponés dirixido por Hajime Kamegaki que se estreou no 2007. Cuarto filme baseada no manga e anime Naruto, e primeira dentro da lina argumental Shippūden.
Sinopse Na escena inicial vemos a Naruto loitando contra un monstro, que remata atravesándoo no lombo e matándoo. Despois pódese ver ós ninjas de Konoha no seu funeral.
O tempo retrocede a varios días atrás, onde un home chamado Yomi (cuxo nome en xaponés significa "inframundo") ataca un santuario para liberar o espírito de Mouryou, un demo que tempo atrás intentou conquistar o mundo e establecer o seu "Reinado dos Mil Anos". Como non ten un corpo para sobrevivir, Yomi ofrécelle o seu como substituto temporal ata que poidan atopar o corpo orixinal de Mouryou.
O único obstáculo para as ambicións de Mouryou é unha sacerdotisa chamada Shion, que ten o poder para selar o seu espírito unha vez máis. Para acadar os seus obxectivos, Mouryou esperta a un exército de soldados de pedra para atacalo resto do mundo mentres os seus catro subordinados se encargan de eliminar a Shion. Para iso entrégalles unhas estrañas criaturas de chakra para incrementar a súa forza.
Para afrontar a ameaza, Konoha envía varios escuadróns ninja para deter ós soldados de pedra. Naruto Uzumaki, Sakura Haruno, Neji Hyuuga e Rock Lee son asignados como os protectores de Shion e a súa misión é levala ó santuario onde descansa o corpo de Mouryou.
Personaxes Personaxe Voz en xaponés Naruto Uzumaki Junko Takeuchi Sakura Haruno Chie Nakamura Rock Lee Yōichi Masukawa Neji Hyuga Kouichi Toochika Tsunade Masako Katsuki Shizune Keiko Nemoto Tonton Keiko Nemoto Kakashi Hatake Kazuhiko Inoue Maito Gai Masashi Ebara Shikamaru Showtaro Morikubo Temari Romi Park Shion Ayumi Fujimura Miroku Fumiko Orikasa Taruho Yoshinori Fujita Moryo Seizō Katō Yomi Hidetoshi Nakamura Gitai Kishô Taniyama Setsuna Katsuyuki Konishi Susuki Daisuke Kishio Kusuna Tetsuya Kakihara Shizuku Miyuki Sawashiro Vella dama Makiko Nabei Gardas do pazo Ryusaku ChijiwaKenichi Mine Garda Keisuke Fujii Rapaza Yoko Nishino
Véxase tamén Outros artigos Naruto the Movie: Ninja Clash in the Land of Snow Naruto the Movie 2: Legend of the Stone of Gelel Naruto the Movie 3: Guardians of the Crescent Moon Kingdom Naruto Shippūden 2: Bonds Naruto Shippūden 3: Inheritors of the Will of Fire Naruto Shippūden 4: The Lost Tower Naruto Shippūden 5: Blood Prison
Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de Naruto Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón