O mar de Andaman (en birmano မုတ္တမ Mottama, en tailandés ทะเลอันดามัน Thale Andaman, en malaio e indonesio Laut Andaman); tamén chamado mar de Birmania, é un sector do océano Índico situado ao sueste do golfo de Bengala, ao sur de Birmania, ao oeste de Tailandia e ao leste das illas Andaman, das que toma o seu nome. Ten uns 1.200 km de norte a sur e 650 km de leste a oeste, formando unha área de 797.700 km². A súa profundidade media é de 870 metros e a máxima chega aos 3.777 metros. O principal río que desemboca nas súas augas é o Irawady.
No seu extremo sueste, o mar de Andaman comunícase co mar da China Meridional a través do estreito de Malaca, que separa a illa de Sumatra da península Malaia.
Placas tectónicas miniatura|esquerda|200px|Mapa tectónico do mar de Andaman. No fondo oceánico do mar de Andaman corre de sur a norte o límite de dúas placas tectónicas: a placa de Birmania e a placa de Sunda. Estas microplacas crese que anteriormente formaban parte da gran placa eurasiática, e que apareceron co constante choque da placa da India.
Como resultado, o fondo mariño. no seu centro, esténdese formando unha cunca marxinal que comezou a súa formación fai 3 ou 4 millóns de anos.
Actividade volcánica Ao leste da principal illa do arquipélago, Gran Andaman, atópase a illa Barren, que ten un volcán activo (o único volcán activo de todo o subcontinente indio). Esta actividade volcánica está provocada pola subdución da Placa India no arco formado polas illas Andaman, o que forza ao magma a emerxer na Placa de Birmania. A illa volcánica de Narcondam tamén foi formada por este proceso, pero non ten actividade eruptiva recente. Delimitación da IHO
A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Andaman («Andaman» ou «Burma Sea» (Mar de Birmania)) como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, «Limits of oceans and seas» (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 44 e define os seus límites do seguinte xeito:
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Illas Andaman Andaman e Nicobar
Categoría:Mares do Océano Índico Categoría:Xeografía de Myanmar Categoría:Indonesia Categoría:Xeografía de Tailandia