Ángel Martínez Ortega, nado en Barcelona o 17 de maio de 1991, é un futbolista español. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o CD Guijuelo.
Traxectoria Iniciouse nas categorías inferiores do RCD Espanyol e marchou cedido na tempada 2010–11 ao Real Jaén, de Segunda División B.
O 11 de xullo de 2011 anunciouse a súa contratación polo Deportivo B por dúas tempadas, con opción a tres máis."El Fabril se refuerza con Ángel Martínez, lateral zurdo internacional procedente del Espanyol"
Selección nacional Participou en diversos partidos coas seleccións sub-17, sub-18 e sub-19 de España, logrando o campionato europeo sub-18 en 2008.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbol-talentos.es
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Espanyol B Categoría:Xogadores do Real Jaén Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril