A guanosina é un nucleósido purínico composto pola base nitroxenada guanina unida ao azucre ribosa (ribofuranosa) por enlace β-N9-glicosídico. O seu nome IUPAC é: 2-Amino-9-[3,4-dihidroxi-5-(hidroximetil)oxolan-2-il]-3H-purin-6-ona. Un derivado oxidado seu é a 8-oxoguanosina, que se usa como biomarcador de estrés oxidativo.
Características Cando a guanina está unida á 2-desoxirribosa en lugar de á ribosa, orixínase a desoxiguanosina. Cando a esta se lle une un fosfato en posición 5' orixina o nucleótido dGMP. A 8-oxo-2'-desoxiguanosina é un derivado oxidado da desoxiguanosina, orixinado durante a oxidación do ADN.
Se a guanosina é fosforilada convértese no nucleótido guanosín monofosfato (GMP), da que derivan outros como o GMPc, GDP e GTP, que exercen importantes funcións biolóxicas.
A estrutura da guanosina ten grandes semellanzas coas do fármaco antiviral aciclovir Características do aciclovir., usado no tratamento do herpes.
A guanosina requírese como cofactor para o splicing do ARN durante o "auto-splicing" dun intrón do grupo I, como por exemplo os do pre-ARNr do protozoo Tetrahymena, xa que a guanosina ataca o sitio de splicing 5' do intrón. US National Library of Medicine - National Institutes of Health.
Degradación da guanosina A guanosina (procedente da degradación do GMP pola 5'-nucleotidase) produce ribosa e guanina pola acción do encima nucleosidase. A ribosa pode volverse a reutilizar. A guanina pode seguir degradándose dando xantina e finalmente ácido úrico, que é excretado polos primates.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Nucleósido GMP Aciclovir
Categoría:Nucleósidos Categoría:Purinas