Tenma (en xaponés, Pegaso), denominado ASTRO-B antes do lanzamento, foi un observatorio espacial xaponés de raios X pertencente á JAXA. Foi lanzado o 20 de febreiro de 1983 mediante un foguete Mu desde o Centro Espacial de Uchinoura (antes coñecido como Centro Espacial de Kagoshima) e reentrou na atmosfera o 17 de febreiro de 1988.

Características Tenma foi o segundo satélite de astronomía de raios X do Xapón e o rango de enerxías que podía observar ían de 0,1 keV a 60 keV. Os seus obxectivo foron a obtención de espectros de fontes de raios X con boa resolución, o estudo das variacións temporais das fontes de raios X, a busca por todo o ceo de explosións de raios X e a observación de fontes de raios X suaves cun telescopio reflector.

Levaba a bordo catro instrumentos:

Contadores proporcionais de centelleo de gas Telescopio de transformada de Hadamard Monitor de raios X para todo o ceo Telescopio reflector de raios X

O satélite podía xirar a velocidades de 0,546, 0,137 ou 0,068 revolucións por minuto coa axuda dun volante de inercia. O eixe de xiro podía axustarse mediante torsión magnética.

Resultados Tenma descubriu a liña de emisión do ferro no disco galáctico, así como noutros corpos, como galaxias de núcleo activo. Descubriu tamén unha liña de absorción a 4 keV no espectro da explosión X1636-536.

Notas

Categoría:Satélites artificiais do Xapón Categoría:1983