William Henry Muir Lowe, nado na India o 20 de outubro de 1861 e finado en Londres o 7 de febreiro de 1944, foi un militar británico.

De 1900 a 1902 estivo destinado no que hoxe é Suráfrica co grao de Tenente-Coronel, comandando un rexemento británico na guerra anglo-bóer. Ascendido a Brigadier na primeira guerra mundial, liderou as tropas británicas que combateron aos rebeldes irlandeses no alzamento de Pascua de 1916 e foi o encargado de recibir a rendición incondicional dos sublevados.

Véxase tamén Ligazóns externas Reportaxe da BBC acerca do documento de rendición dos irlandeses sublevados no Alzamento de Pascua

Categoría:Militares do Reino Unido Categoría:Nados en Uttar Pradesh Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1944