A crise carnívora (en ) é un filme de animación español dirixido por Pedro Rivero e protagonizado por Enrique San Francisco, que se estreou no 2008. É unha produción de Continental Animación, Abrakam Estudio, Dream e Semprecinema que conta axuda da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, ICAA e a participación de TVG, TV3 e ETB.
Estreouse en galego nalgúns cines de Galicia (Filmax da Coruña, Termas de Lugo, Área Central de Santiago e Gran Vía de Vigo) o 16 de maio de 2008. Foi o primeiro filme realizado en animación flash. A animación foi feita por Nikodemo, os responsables da serie de éxito de Internet Cálico Electrónico. Antes da proxección do filme proxectouse un capítulo inédito de devandita serie.
Sinopse Grazas ó Pacto Vexetariano, tódolos animais conviven en paz e harmonía. Todos menos un: a hiena Crevel, que vive coa angustiosa sensación de non volver a probala carne. Decidido a calmalo seu bandullo, unha noite Crevel acode ó cemiterio disposto a devoralos cadáveres, pero non pode facelo, porque non hai ningún. O león Pérsicus e o seu consigliere, o tigre Altaicus, organizaron toda unha rede alimenticia cos defuntos para manter os seus hábitos carnívoros. Ó ser descubertos, acusan a Crevel da brutal profanación, obrigándoo a fuxir da ira dos herbívoros. Pero Crevel regresará do exilio cun plan para derrocar ós felinos. Oculto baixo un disfrace do xabarín Willy, propón ós herbívoros unha grande alianza para tomalo poder, valéndose do recordo dun heroe lendario que se enfrontou no seu día ó consigliere Altaicus: o lobo Wolfeimer.
Dobraxe
Estudio: Cinemar Films (Vigo) Data: 2008 Tradución: Siro López Dirección: Tacho González Actores da dobraxe:
+PersonaxeActor orixinalActor de dobraxeHiena CrevelEnrique San FranciscoManuel ManquiñaPorcoÁlex AnguloAntonio Durán (Morris)Tigre AltaicusJosé CoronadoAntonio MourelosVoitre FulvusKandido UrangaXose Lois Bernal López (Farruco)NarradorJoaquín ReyesRoberto VilarRinoceronte policía 1N/AMatías BreaDonicela marrón claroN-ARinoceronte policía 2N-AGonzalo FaíldeVoces adicionaisN/AXosé Manuel Piñeiro, Xurxo Souto, Víctor Fábregas, Fernando Acebal, Xacobo Pérez, Leo Toral, Pipo Arribe e Moisés Morales
Galardóns e nomeamentos
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2008Mellor filme de animaciónContinental ProduccionesNomeado
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de 2008 con versión en galego