Leonora Carrington, nada en Lancashire o 6 de abril de 1917 e finada na Cidade de México o 25 de maio de 2011, foi unha pintora surrealista e escritora de orixe inglesa radicada en México. Viviu a maior parte da súa vida adulta na Cidade de México e foi unha das últimas participantes sobreviventes do movemento surrealista dos anos 30.  Carrington tamén foi membro fundador do movemento de liberación da muller en México durante a década de 1970. Foi parella de Max Ernst, artista alemán asociado co dadaísmo e surrealismo, e tivo unha amizade duradeira coa pintora Remedios Varo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Leonora Carrington

Categoría:Pintores de México Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Nados en Lancashire