Cold Mountain é un filme estadounidense dirixido por Anthony Minghella que se estreou no 2003. Baséase na novela homónima de 1997 escrita por Charles Frazier. Está protagonizado por Jude Law, Nicole Kidman e Renée Zellweger, xunto con Eileen Atkins, Brendan Gleeson, Philip Seymour Hoffman, Natalie Portman, Jack White, Giovanni Ribisi, Donald Sutherland e Ray Winstone nos papeis secundarios.
Estreouse en galego o 31 de agosto de 2022 a través da TVG.
Sinopse A piques de rematar a guerra civil estadounidense (1861-1865), Inman (Jude Law), un soldado confederado ferido nos últimos días da guerra, vive unha auténtica odisea para regresar ó seu fogar en Cold Mountain (en Carolina do Norte) e reunirse coa súa prometida Ada (Nicole Kidman), que leva anos agardándoo. Na súa ausencia, Ada ten que afrontar enormes dificultades para sobrevivir, pero consegue sacar adiante a granxa de seu pai coa axuda de Ruby (Renée Zellweger), unha intrépida e voluntariosa xove.
Personaxes
Jude Law como William "W. P." Inman Nicole Kidman como Ada Monroe Renée Zellweger como Ruby Thewes Eileen Atkins como Maddy Kathy Baker como Sally Swanger James Gammon como Esco Swanger Brendan Gleeson como Stobrod Thewes Philip Seymour Hoffman como Reverendo Solomon Veasey Natalie Portman como Sara Giovanni Ribisi como Junior Lucas Black como Oakley Donald Sutherland como Reverendo Monroe Cillian Murphy como Bardolph Ethan Suplee como Pangle Jay Tavare como Swimmer Jack White como Georgia Ray Winstone como Teague Melora Walters como Lila Taryn Manning como Shyla Emily Deschanel como Mrs. Morgan Charlie Hunnam como Bosie Tom Aldredge como home cego James Rebhorn como doutor Jena Malone como Ferry Girl Richard Brake como Nym
Galardóns e nomeamentos 2003: 1 Oscar: Mellor actriz secundaria (Renée Zellweger). 7 Nomeamentos 2003: 1 Globo de Ouro: Mellor actriz secundaria (Renée Zellweger). 8 Nomeamentos 2003: 2 premios BAFTA: Mellor música, actriz secundaria. 13 Nomeamentos 2003: National Board of Review: Mellor guión adaptado.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Tibbetts, John C., e James M. Welsh, eds. The Encyclopedia of Novels Into Film (2nd ed. 2005) pp 63–66.
Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Anthony Minghella Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes de Buena Vista International Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes rodados en Romanía Categoría:Filmes sobre a Guerra de Secesión Categoría:Filmes ambientados en 1864 Categoría:Filmes de 2003 con versión en galego