Reginald Shon "Reggie" Jackson, nado o 16 de abril de 1990 en Pordenone, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional Jackson foi elixido na 24ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Oklahoma City Thunder. Na súa primeira tempada na NBA, tan só xogou 11.1 minutos por partido en 45 encontros, sendo o terceiro base por detrás de Russell Westbrook e Eric Maynor. Anotou algo máis de tres puntos por partido, pero as súas porcentaxes foron moi baixas, un 32% en tiros de campo, e un 21% en triplas. Nos playoffs de 2012, onde os Thunder perderon nas Finais da NBA contra os Miami Heat por 4-1, Jackson non participou en ningún dos 20 partidos.

O 19 de febreiro de 2015, Jackson foi traspasado ós Detroit Pistons nun traspaso entre os Thunder, os Pistons e os Utah Jazz.

O 20 de febreiro de 2020, Jackson asinou cos Los Angeles Clippers.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Friúl-Venecia Xulia Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets