Xulia Vaquero Sousa, nada en Chamonix (Francia) o 18 de setembro de 1970, é unha ex atleta galega.

Traxectoria Filla de pais emigrantes, aos dous meses foi vivir a casa da súa avoa na Gándara (Salcidos, A Guarda). Comezou a practicar atletismo na escola, e comezou a gañar competicións de cross. Gañou oito campionatos de España consecutivos. miniatura|A cidade de Vigo ós seus atletas. Non acadou a marca mínima para participar nos Xogos Olímpicos de 1992, pero si foi aos de Atlanta 1996, onde quedou 9ª na proba dos 10 000 metros.

Abandonou o atletismo profesional no ano 2000 logo de comezar tratamento psiquiátrico"Julia Vaquero, de la gloria a vivir de una pequeña pensión de 369 euros", Tele Mariñas, 24 de setembro de 2017 ..

En 1997 foille concedida a Medalla de Prata de Galicia.

O seu adestrador foi Alfonso Ortega Casasnovas.

Recoñecementos

En 2018 recibiu a "Mención especial" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da VI Gala do Deporte Feminino Galego.

Notas

Categoría:Atletas de Galicia Categoría:Atletas olímpicos de Galicia Categoría:Fondistas Categoría:Galegos de Francia Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1996 Categoría:Nados en Chamonix-Mont-Blanc