MarShon Scitif Brooks, nado o 26 de xaneiro de 1989 en Long Branch, Nova Jersey, é un xogador americano de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional New Jersey / Brooklyn Nets Brooks foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Boston Celtics. Os Celtics traspasaron a Brooks aos New Jersey Nets a cambio da 27ª posición do Draft de 2011, JaJuan Johnson, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2014. Asinou o seu contrato polos Nets o 9 de decembro de 2011.
Boston Celtics Brooks foi traspasado ós Boston Celtics o 12 de xullo de 2013 como parte dun traspaso que mandou a Kevin Garnett e a Paul Pierce ós Nets.
O 1 de xaneiro de 2014, foi asignado ós Maine Red Claws da NBA Development League. O 9 de xaneiro foi chamado de volta polos Celtics.
Golden State Warriors O 15 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre tres equipos, os Celtics, os Golden State Warriors e os Miami Heat. Os Celtics mandaron a Brooks e a Jordan Crawford ós Warriors. A cambio, recibiron a Joel Anthony dos Heat, unha futura elección protexida do Draft de Philadelphia que fora enviada a Miami nun traspaso anterior, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016 dos Heat. Ademais, Toney Douglas foi enviado ós Heat no mesmo traspaso.
Los Angeles Lakers O 19 de febreiro de 2014, Brooks foi traspasado xunto a Kent Bazemore ós Los Angeles Lakers, a cambio de Steve Blake.
En xullo de 2014, Brooks uniuse ós Sacramento Kings para a Liga de Verán da NBA de 2014.
Olimpia Milano O 8 de agosto de 2014, Brooks asinou un contrato dun ano co Emporio Armani Milano da Lega Basket Serie A.
Volta á NBA O 3 de xaneiro de 2019, Brooks foi traspasado ós Chicago Bulls xunto Wayne Selden Jr. e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft, a cambio de Justin Holiday. Foi cortado o 7 de xaneiro polos Bulls sen chegar a debutar.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados no condado de Monmouth, Nova Jersey Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies