A Liga de Campións da UEFA 2000-01 foi a edición número 46 na historia desta competición. Disputouse entre xullo de 2000 e maio de 2001, coa participación inicial de 72 equipos, representantes de 48 federacións nacionais diferentes.
A primeira fase de grupos da competición deu comezo en setembro de 2000, con 32 equipos, e a segunda fase de grupos comezou en novembro de 2000 con 16 equipos. O campión final do torneo foi o Bayern Múnic, que bateu nos penaltis ó Valencia CF logo de rematar o encontro con empate a 1. A final disputouse no estadio de San Siro en Milán o 23 de maio de 2001. Era a 3ª ocasión na que a final da máxima competición continental se disputaba neste recinto, tralas finais de 1965 e 1970. Para o Bayern Múnic esta vitoria supuxo a súa cuarta conquista da máxima competición europea.
Primeira Fase de Grupos Nesta primeira fase de grupos competiron 32 equipos. A metade deles xa estaban clasificados directamente para esta fase polas boas participacións nas súas competicións nacionais na anterior tempada. Os outros 16 equipos participantes nesta primeira fase de grupos tiveron que pasar polas roldas previas de clasificación, (entre 1 e 3 roldas previas segundo o nivel da liga de cada equipo). Algúns dos equipos que tiveron que pasar polas roldas previas foron o AC Milán, Valencia CF, Olympique Lyon, Hamburgo SV, Panathinaikos, Dynamo de Kíiv, RSC Anderlecht, Galatasaray SK etc. Esta fase disputouse entre setembro e novembro.
Grupo A Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. Real Madrid136411158+72. Spartak Moscova12640293+63. Bayer Leverkusen76213912-34. Sporting de Lisboa26024515-10
Grupo B Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. Arsenal FC136411118+32. SS Lazio136411134+93. Shakhtar Donetsk662041015-54. Sparta Praga36105613-7
Grupo C Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. Valencia CF13641174+32. Olympique Lyon9630386+23. Olympiakos9630365+14. SC Heerenveen4611439-6
Grupo D Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. Sturm Graz106312912-32. Galatasaray SK862221013-33. Rangers FC86222107+34. AS Mónaco762131310+3
Grupo E Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. Deportivo da Coruña10624064+22. Panathinaikos8622265+13. Hamburgo SV661329904. Juventus FC66132912-3
Grupo F Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. Bayern Múnic11632194+52. Paris Saint-Germain106312149+53. Rosenborg BK762131315-24. Helsingborgs IF56123614-8
Grupo G Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. RSC Anderlecht1264021114-32. Manchester United106312117+43. PSV Eindhoven963039904. Dynamo de Kíiv4611478-1
Grupo H Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. AC Milán116321126+62. Leeds United9623196+33. FC Barcelona86222139+44. Beşiktaş JK46114417-13
No grupo C houbo un empate a puntos entre Olympique Lyon e Olympiakos. En Lión o resultado fora 1-0, e en Pireo 2-1, polo que foi o equipo francés o que pasou á segunda fase de grupos polo valor dobre dos goles acadados fora da casa. No caso do grupo D, houbo outro empate a puntos, entre Galatasaray SK e Rangers FC. En Glasgow quedaron 0-0, e en Istanbul quedaron 3-2, de xeito que foron os turcos os que pasaron á segunda fase de grupos.
Segunda Fase de Grupos
Grupo A Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. Valencia CF126330102+82. Manchester United126330103+73. Sturm Graz66204413-94. Panathinaikos26024410-6
Grupo B Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. Deportivo da Coruña106312107+32. Galatasaray SK1063126603. AC Milán7614167-14. Paris Saint-Germain56123810-2
Grupo C Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. Bayern Múnic13641185+32. Arsenal FC8622268-23. Olympique Lyon8622284+44. Spartak Moscova46114510-5
Grupo D Equipo Pts PX PG PE PP GF GC Dif1. Real Madrid136411149+52. Leeds United1063121210+23. RSC Anderlecht66204712-54. SS Lazio56123911-2
No caso do grupo C, houbo un empate a puntos entre Arsenal FC e Olympique Lyon. En Lión o resultado fora 0-1, e en Londres 1-1, así que o equipo que pasou a cuartos de final foi o Arsenal FC. Eliminatorias
Final 250px|miniatura|esquerda|Aliñacións titulares dos dous equipos na final.
A final da edición 2000-01 da Liga de Campións da UEFA disputouse o 23 de maio de 2001, no Estadio de San Siro de Milán diante dunhas 71.500 persoas.
Os equipos que a disputaron foron o Bayern Múnic e o Valencia CF. Para o Bayern Múnic esta era a súa 7ª presenza na final da máxima competición continental, e a 2ª en tres anos, despois de perder a final do ano 1999 no derradeiro minuto fronte ó Manchester United no Camp Nou de Barcelona. Para o Valencia CF esta era a súa 2ª final seguida, xa que era o actual subcampión de Europa. O Bayern Múnic tiña xa 3 Copas de Europa no seu palmarés, por ningunha do Valencia CF.
O colexiado que arbitrou a final foi o holandés Dick Jol.
O encontro comezou cunha xogada na que o colexiado holandés pitou penalti na área do Bayern Múnic a prol do Valencia CF por mor dunha man do defensor Patrick Andersson. O xogador vasco Gaizka Mendieta lanzou o penalti e marcou o primeiro gol da final no minuto 2 do encontro. Tan só uns minutos despois, o defensor francés Jocelyn Amglomá derrubou ó capitán do Bayern Múnic na área do Valencia CF e o colexiado holandés pitou un novo penalti. Nesta ocasión o xogador alemán Mehmet Scholl lanzou o penalti pero o porteiro Santiago Cañizares detivo o balón. A primeira metade do encontro chegou ó remate co resultado de 1-0 a prol do Valencia CF.
Na segunda metade do encontro o colexiado holandés Dick Jol pitou o 3º penalti da final por unha xogada na que o defensor italiano do Valencia CF Amedeo Carboni tocou o balón coas mans na súa área. Nesta oportunidade foi o capitán xermano Stefan Effenberg quen fixo o lanzamento dende os 11 metros, batendo ó porteiro. Co resultado de empate a 1, o encontro chegou ó seu remate. Na prórroga tampouco houbo mais goles, de xeito que houbo que ir ós lanzamentos de penaltis para decidir que equipo era o campión de Europa. Cada equipo fixo 5 lanzamentos, e cada equipo marrou 2 deles e marcou os outros 3. Na 6ª rolda de lanzamentos non houbo erros, pero na 7ª o defensor arxentino do Valencia CF, Mauricio Pellegrino, errou no seu lanzamento, e o Bayern Múnic fíxose con título.
Era a cuarta vez que o Bayern Múnic gañaba o título de campión de Europa.
Véxase tamén Outros artigos Liga de Campións da UEFA UEFA Bayern Múnic Valencia CF
Categoría:Fútbol en 2001 Categoría:Liga de Campións da UEFA