Michael Joseph Charles Greyeyes, nado o 4 de xuño de 1967 en Qu'Appelle Valley, Saskatchewan, é un actor canadense de cinema e televisión.

Traxectoria

É nativo da tribo cree (Primeiras Nacións) do Lago Muskeg en Saskatchewan. O seu pai é tamén cree (Primeiras Nacións) do Lago Muskeg e súa nai Sweetgrass (Primeiras Nacións).

Ós dez anos, entrou na Escola Nacional de Ballet e se formou en 1984, sendo aceptado como aprendiz no Ballet Nacional do Canadá e en 1987 ingresou como membro pleno no Corpo de Ballet. Despois de tres anos, deixou o Ballet Nacional e marchou coa compañía do coreógrafo Eliot Feld, en Nova York. No ano 2003 completou o seu mestrado en Belas Artes na Escola de Teatro e Danza da Universidade Estatal de Kent como o mellor da súa clase.

A súa carreira como actor comezou en 1993 cando se estreou como "Juh" na produción Xerónimo, o que o levou a participar en numerosos proxectos televisivos e cinematográficos. Destes últimos destaca como "Rupwew" en The New World.

Actualmente segue en activo traballando como actor, coreógrafo e director de cine. Está casado con Nancy Latoszewski e teñen dúas fillas, Eva Rose, nada en maio de 2002 e Lilia Frances Jean, en outubro de 2004.

Filmografía Filmes The Dreaming (2008) .... Spirit Passchendaele (2008) .... Highway Cosmic Radio (2007) .... The New World (2005) .... Rupwew The Reawakening (2004) .... Robert Doctor) Dreamkeeper (2003) (Televisión) .... Espírito do trono Skinwalkers (2002) (Televisión) .... Dr. Stone Sunshine State (2002) .... Billy Trucks Conduta Ilegal (ZigZag) (2002) .... Dale Sam's Circus (2001) (TV) .... Xefe The Lost Child .... (2000) (Televisión) .... Eddie Skipped Parts (2000) .... Hank Elkrunner Race Against Time .... (2000) (Televisión) .... Johnny Black Eagle The Minion (1998) .... Gray Eagle Smoke Signals (1998) .... Junior Polatkin Firestorm (1998) .... Andy Rough Riders (1997) (Televisión) .... Delchaney (Apache) True Women (1997) (Televisión) .... Tarantula Stolen Women: Captured Hearts (1997) (Televisión) .... Tokalah Crazy Horse (1996) (Televisión) .... Crazy Horse Rude (1995) .... Espírito danzante Dance Me Outside (1995) .... Gooch Xerónimo (1993) (Telefilme) .... Juh

Series Freedom Riders (2009) The American Experience / We Shall Remain .... Tecumseh (1 episodio, 2009) Dancing with Spirit .... Lead Dancer (1 episodio, 2007) Numb3rs .... Thomas Morris (1 episodio, 2005) Law & Order: Criminal Intent .... Sonny Brightbill (1 episodio, 2005) The Jury .... Ty Sawyer (1 episodio, 2004 Body & Soul .... Detective Cornstalk (1 episodio, 2002) MythQuest .... Strong Bear (1 episodio, 2001) Charmed .... Bo Lightfeather (1 episodio, 2001) Harsh Realm .... The Brave (1 episodio, 2000) Walker, ranger de Texas como Brian Falcon (2 episodios, 1999) Magnificent Seven .... Imala (1 episodio, 1998) Big Bear (1998) miniserie .... Wandering Spirit Millennium .... Joe Reynard (1 episodio, 1997) Dr. Quinn, Medicine Woman .... Walks In The Night (2 episodios, 1997) Promised Land .... Rod (1 episodio, 1997) Are You Afraid of the Dark? (série) .... Shaman (1 episodio, 1995)

Videoxogos Prey (2006) (VG) (voz) .... Domasi Tawodi (Tommy), Hiders #1, Abducted #2, Radio Caller #1

Véxase tamén

Categoría:Actores nativos americanos Categoría:Actores de cinema do Canadá Categoría:Actores de televisión do Canadá Categoría:Nados en 1967 Categoría:Pobo cree Categoría:Nados en Saskatchewan