Robert Broom, nado o de 30 de novembro de 1866 en Paisely, no antigo condado de Renfrewshire (Escocia) e finado o 6 de abril de 1951 en Pretoria (Suráfrica), foi un médico e paleontólogo surafricano de orixe escocesa.

Traxectoria Graduado como médico en 1895 acadou o doutoramento en 1905 na Universidade de Glasgow.

En 1897 aséntase en Suráfrica, sendo múltiplos os seus principais intereses (foi antropólogo, paleontólogo, arqueólogo, prehistoriador, escritor, médico, paleoantropólogo e profesor de universidade).

En Suráfrica comezou a estudar os réptiles fósiles antecesores dos mamíferos, pero despois da descuberta do neno de Taung por Raymond Dart interesouse pola paleoantropoloxía.

En 1934 comezou a traballar no Museo do Transvaal en Pretoria. A partir de 1936 fixo descubrimentos espectaculares, entre eles fragmentos de seis homínidos en Sterkfontein, posteriormente clasificados como australopitecos adultos, así como máis descubrimentos en Kromdraai e Swartkrans. En 1937, Broom fixo o seu máis famoso descubrimento, o Australopithecus robustus. Eses descubrimentos apoiaron as teorías de Dart.

Principais publicacións

Artigos en revistas Entre os centos de artigos publicados en revistas científicas os máis importantes son:

"Fossil Reptiles of South Africa" en Science in South Africa (1905) "Reptiles of Karroo Formation" en Geology of Cape Colony (1909) "Development and Morphology of the Marsupial Shoulder Girdle" en Transactions of the Royal Society of Edinburgh (1899) "Comparison of Permian Reptiles of North America with Those of South Africa" en Bulletin of the American Museum of Natural History (1910) "Structure of Skull in Cynodont Reptiles" en Proceedings of the Zoölogical Society (1911).

Libros

The origin of the human skeleton: an introduction to human osteology (1930) The mammal-like reptiles of South Africa and the origin of mammals (1932) The coming of man: was it accident or design? (1933) The South African fossil ape-man: the Australopithecinae (1946) Sterkfontein ape-man Plesianthropus (1949) Finding the missing link (1950)

Abreviatura A abreviatura Broom emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Categoría:Científicos de Suráfrica Categoría:Paleontólogos de Suráfrica Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Nados en 1866 Categoría:Nados en Escocia Categoría:Finados en 1951 Categoría:Alumnos da Universidade de Glasgow