miniatura|Emblema do Papado, coa tiara e as chaves de San Pedro. Esta é unha lista sucesoria dos 266 bispos de Roma, denominados papas a partir do século IV, guías da Igrexa Católica Romana, que no Anuario Pontificio aparecen baixo o título I Sommi Pontefici Romani ("Os Sumos Pontífices Romanos") e dos denominados antipapas, con indicación dos seus anos de pontificado. Este Anuario é compilado tódolos anos pola Oficina Central de Estatística da Igrexa católica e non establece números consecutivos aos papas considerando que, en varios casos, non se pode decidir que pontífice era lexítimo e cal o antipapa; por exemplo, nos casos de León VIII, Benedito V e outros papas de mediados do século XI.

Introdución

Orixe do título de "Papa" O título de papa (do latín papa, «padre») tardou en aparecer pois curiosamente en Roma, mentres outras cidades xa estaban baixo a autoridade de bispos, a autoridade recaía nun colexio de presbíteros, posiblemente como un resaibo xudaizante.Laboa Gallego (2005), p. 30 Mais o papel do bispo de Roma como guía supremo da Igrexa foise afirmando pouco a pouco e o título de Papa aparece por primeira vez para designar o bispo de Roma baixo Marcelino (296–304) que é cando apareceu a inscrición « jussu pp [papae] sui Marcellini », pero que se aplicaba ao bispos en xeral.

Durante o concilio celebrado en Pavia no 998, Gregorio V pediulle ao arcebispo Arnolfos II de Milán que renunciase a chamarse por este nome e, posteriormente, Gregorio VII (1073–1085) emitiu un Dictatus papae no que reservaba o uso do termo, especificamente, para o pontífice romano.Levillain 2002, p. 1227

Polo tanto, o papel do bispo de Roma como guía supremo da Igrexa só se foi afirmando gradualmente; os primeiros só tiñan os poderes dun metropolitano. Tamñen ese mesmo título é empregado en varias Igrexas para designar os seus líderes (como o Papa copto) pero, por definición, refírese xeralmente ao xefe da Igrexa católica. O papa ten outros títulos, como Santo Padre, Sumo Pontífice, Vigairo de Cristo, Bispo de Roma, Sucesor de Pedro e Servo dos Servos de Deus. O título esencial é o de bispo de Roma; é por ser bispo de Roma que o Papa é o sucesor de Pedro e xefe do Colexio Episcopal. Desde 1929 o Papa tamén ostenta o título de soberano da Cidade do Vaticano.

Lista de papas Coñécese moi pouco sobre os primeiros bispos de Roma; dalgúns, coñecemos pouco máis que o seu nome. A fonte máis antiga coñecida é Ireneu de Lión, do século II, que dá os nomes dos titulares das principais sedes episcopais (Roma, Constantinopla, Antioquía, etc.).Dianélou (1985), p.121 Existen outras fontes máis completas, como o Liber Pontificalis, un documento apoloxético cuxa primeira versión remóntase ao século VI, ampliada despois ata o século IX, que vai enumerando os nomes dos papas, así como os seus pais, o seu país de nacemento e a duración do seu pontificado. Aínda que este documento seguramente foi compilado utilizando fontes máis antigas e probablemente conteña unha gran cantidade de información real, os datos sobre estes primeiros papas son moi fragmentarios e son admitidos con certa cautela.Duchesne (1877)

A presente lista de papas católicos enumera os papas no sentido moderno da palabra; é dicir, enumera os 267 bispos de Roma na sucesión apostólica desde San Pedro ata o actual papa e que, a partir do século IV, adquiriron o título de "papa", guías da Igrexa Católica Romana, citados no Anuario Pontificio, que foron os elixidos para o trono de San Pedro e que se consideran lexítimos pola Igrexa Católica Romana. Igualmente, aparecen sen numeración, sobre fondo amarelo, os denominados "antipapas", que son aqueles que foron elixidos en condicións anormais e que non son considerados lexítimos.Levillain (1994), p. 211

Con todo, cómpre, tamén, indicar algunhas notas:

Nunca houbo un Papa Xoán XX, nin un Papa Martiño II ou Papa Martiño III (aínda que sexan así designados por veces os Papas Mariño I e Mariño II). Para a numeración dos papas con nome Estevo, consulte Estevo, papa electo. Os nomes máis comúns son Xoán (último: XXIII, aínda que non houbese Xoán XVI ou Xoán XX), Gregorio (XVI), Bieito (XVI), Clemente (XIV) e Inocencio e León (XIII). Os antipapas son mostrados en itálica e co cadro en amarelo.

O Anuario Pontificio No momento presente, o Anuario Pontificio, publicado polo Vaticano dende 1912, está considerado como a fonte máis autorizada sobre os Papas e, de facto, funciona como a lista oficial malia non estar exenta de ambigüidades e sen pretender ser definitiva. Así, baixo o nome de Estevo II, o efémero Papa Estevo, recoñecido como papa lexítimo ata a edición de 1960, foi entón suprimido.A Libreria Editrice Vaticana, que publica este directorio, elabora unha lista simplificada e numerada dos papas (Francisco: n.º 266). O efémero Estevo aparece alí dun xeito curioso: baixo o epígrafe "92 - Estevo II", pódese ler: "Houbo dous deles: o primeiro reinou un só día, o 23 de marzo"; o segundo, elixido o 26 de marzo de 752, morreu o 26 de abril de 757". O Anuario Pontificio fai referencia tanto aos papas como aos antipapas, estes últimos distinguidos por unha tipografía diferente. As notas ao pé tamén están presentes cando existen dúbidas sobre a regularidade de certos pontificados. Moitas veces, dous (ou máis) papas rivais reinaron ao mesmo tempo. A maioría das veces, a lista só recoñece a un e declara o outro como antipapa. Non obstante, nalgúns casos, os autores néganse a decidir.O papa León VIII foi elixido en vida do seu predecesor, Xoán XII, quen, aínda que deposto polo emperador, aínda se consideraba o lexítimo pontífice. Xoán XII recuperou rapidamente o poder e, á súa morte, Bieito V foi elixido para sucedelo. Tras a captura de Bieito V polo emperador, León VIII puido, finalmente, reinar. O Anuario Pontificio recoñece estes tres papas como potencialmente lexítimos, na orde da súa elección e non na do seu reinado real. Nas notas a pé de páxina afirma que «se a deposición de Xoán XII foi ilegal, entón León VIII é un antipapa» e «se León VIII é un papa lexítimo, entón Bieito V é un antipapa».

Este é o caso do período de 1045 a 1048, que é moi confuso: Bieito IX, Silvestre III, Gregorio VI, Clemente II e Dámaso II loitan pola tiara. En última instancia, todos son considerados papas lexítimos, contando tres reinados válidos, pero non consecutivos, para Bieito IX. Esta elección lexitima o pontificado de Silvestre III, algo que a gran maioría dos historiadores discuten.

En consecuencia, os pontificados non se contan no Anuario Pontificio, aínda que de facto Francisco aparece alí como o papa número 266. Polo tanto, o papa León XIV é o papa número 267.

Primeiro milenio

Século I A cronoloxía dos primeiros papas está moi discutida. As primeiras listas antigas de papas non se escribiron ata finais do século II, despois de que o episcopado monárquico xa se desenvolvese en Roma. Estas primeiras listas combinaban tradicións contraditorias, e mesmo se discute a sucesión dos primeiros papas e, mesmo, a súa existencia histórica. As primeiras datas certas son os anos 222 e 235, as eleccións de Urbano I e Liberio. Os anos dados para os primeiros 30 papas seguen o traballo de Richard Adelbert Lipsius, que adoitan presentar unha diferenza duns 3 anos coas datas tradicionais dadas por Eusebio de Cesarea. Estas son tamén as datas empregadas pola Enciclopedia Católica. Nº de orde BrasónImaxeNome oficial Nome latino

Nome orixinalDatas do pontificadoLugar de nacementoComentarios1centro|senmarco|120x120pxSan Pedro sanctus Petrus

שמעון בר איונה (Shimón bar Ioná)30 ou 33 – 64/67Betsaida, Galilea, Imperio romano Foi un dos doce apóstolos de Xesús, de quen recibiu as chaves do Reino de Deus, segundo a Biblia (Mateo 16:18-19). Morreu crucificado boca abaixo. Soterrado na Tumba de San Pedro, nas Grutas Vaticanas. As súas festas son o 29 de xuño (Festa dos Santos Pedro e Paulo) e o 22 de febreiro (Cátedra de San Pedro). A Igrexa católica recoñéceo como o primeiro papa, nomeado por Cristo. Venérase como santo nas Igrexas orientais, cun día de festa o 29 de xuño.2centro|senmarco|120x120pxSan Lino sanctus Linus

Linus64/67 – 76/79Volterra, Tuscia, Italia, Imperio romano Ordenou os primeiros quince bispos da Igrexa e instituíu o uso obrigatorio do veo para as mulleres que entraban nos templos. Viviu a persecución romana e a comunidade clandestina. É mencionado na Biblia (2 Timoteo 4, 21).Paulo lembra este Lino nas súas Cartas a Timoteo (2 Tm 4,21: Despois de que os beatos Apóstolos fundaran e construíran a Igrexa, entregaron o servizo do episcopado a Lino. Anacleto sucedeuno. Despois del, terceiro dos Apóstolos, Clemente herdou o episcopado, que viu aos benditos Apóstolos e con estes confereu, e tiña ante os seus ollos a predicación e a Tradición dos Apóstolos que aínda resoaba; e non só el, pois aínda vivían moitos daquela que recibiran a doutrina dos Apóstolos. [Ireneu de Lión. «Contra as herexías». III, 3, 3]​ Soterrado na necrópole vaticana.​

A súa festa é o 23 de setembro. Tamén se venera nas Igrexas orientais, cun día de festa o 7 de xuño.3centro|senmarco|120x120pxSanto Anacleto (Cleto) sanctus Anacletus

Anacletus Emilanii76/79 – 88/92Descoñecido (probablemente Roma ou Grecia) Ordenou vinte e cinco bispos que deron lugar aos vinte e cinco títulos das igrexas de Roma. Construíu a tumba de Pedro. Soterrado na necrópole vaticana.

Morreu mártir e a súa festa é o 26 de abril. Debido á confusión, considerouse que había dous papas diferentes: Cleto e Anacleto.4centro|senmarco|120x120pxSan Clemente I sanctus Clemens Primus

Clemens88/92 – 98Roma, Imperio romano Comezou a usar a palabra amén nas cerimonias relixiosas. Foi consagrado bispo polo propio Pedro, e combateu as primeiras herexías dentro da Igrexa. Soterrado na Basílica de San Clemente de Letrán. A súa festa é o 23 de novembro. Tamén é venerado como santo polas Igrexas orientais, cun día de festa o 25 de novembro.5centro|senmarco|120x120pxSanto Evaristo sanctus Evaristus

אריסטו (Aristo)98 – 105Belén, Xudea, Imperio romano Foi quen acuñou o termo santa para a Igrexa católica. Debido ao aumento do número de cristiáns, organizou a cidade en parroquias. Instituíu os sete primeiros diaconados, que confiou aos sacerdotes máis antigos e que deron orixe ao actual Colexio de Cardeais. Soterrado na necrópole vaticana. A súa festa é o 26 de outubro.

Século II Nº de orde BrasónImaxeNome oficial Nome latino Nome orixinalDatas do pontificadoLugar de nacementoComentarios6centro|senmarco|120x120pxSan Alexandre I sanctus Alexander

Alexander105 – 115Roma, Imperio romano Instituíu o uso da auga bendita, á que había que engadirlle sal, para purificar os fogares cristiáns, e introduciu na Eucaristía pan sen lévedo e viño mesturado con auga. Incluíu a expresión qui pridie quam pateretur. Soterrado na necrópole vaticana. Considérase un santo nas Igrexas orientais e a súa festa é o 6 de marzo.7centro|senmarco|120x120pxSan Sisto I sanctus Xystus

Xystus115 – 125Roma, Imperio romano Cidadán romano de ascendencia grega. Estableceu ritos específicos para a Eucaristía. Soterrado na necrópole vaticana, dez séculos despois foi levado á catedral de Alife. Tamén é venerado como santo nas Igrexas orientais e a súa festa é o 3 de abril.8centro|senmarco|120x120pxSan Telesforo sanctus Telesphorus

Telesphorus125 - 136Grecia, Imperio romano Instituíu a misa de medianoite de Nadal (Misa do Galo) e compuxo o Gloria in excelsis Deo. Soterrado na necrópole vaticana. Conmemórase o 2 de xaneiro (Novus Ordo) e o 22 de febreiro (rito bizantino).9centro|senmarco|120x120pxSanto Hixinio sanctus Hyginius

Hyginius136 - 140Atenas, Grecia, Imperio romano Instituíu a orde clerical menor. Creou a figura dos padriños bautismais e ordenou a consagración previa dun templo antes de que fose construído. Soterrado na necrópole vaticana. Considérase mártir; a súa festa é o 11 de xaneiro.10centro|senmarco|120x120pxSan Pío I sanctus Pius