A serra da Faladoira é unha serra galega pertencente á chamada dorsal galega. Esténdese entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha ao norte na depresión das Pontes. Está conformada por lousa negra xunto con gneis, ollo de sapo, xisto cristalino e arenito. Sobresaen, amais, cristas de granito e cuarcita. Conserva algunhas carballeiras, mais sobre todo está ocupada por plantacións de eucalipto.
O punto de maior altitude é o monte Caxado, con 756 metros sobre o nivel do mar, o segundo punto máis alto da provincia da Coruña.
Véxase tamén Bibliografía As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
Faladoira Categoría:Macizo Galaico Categoría:Mañón Categoría:Ortigueira