miniatura|Logo TV5 Monde é unha canle internacional de televisión que ofrece programación en lingua francesa.

Historia Iniciou as súas emisións o 2 de xaneiro de 1984. Chamada TV5 ata 2006 cando toma a súa actual denominación TV5 Monde para salientar o seu enfoque mundial. TV5 Monde é a cuarta canle de televisión global máis grande despois de MTV, CNN e BBC World. A maior parte da programación son noticias, documentais, programas de interese xeral e películas.

A maior parte do seu contido provén dos servizos de televisión pública da francofonía. Estes son: France 2 France 3 France 5 Arte Francia RTBF (Radio Télévision Belge de la Communauté Française) TSR (Télévision Suisse Romande) Radio-Canada Télé-Québec RFO (Réseau France Outremer) CIRTEF (Conseil International des Radios-Télévisions d'Expression Française).

O número cinco refírese aos cinco primeiros provedores e fundadores: TF1, Antenne 2 (hoxe France 2), FR3 (hoxe France 3), Télévision Suisse Romande e RTBF. En 1986 úneselles un consorcio do Quebec canadense (CTQC) formado por Radio-Canada e Télé-Québec. TF1 deixa de participar no ano 1987 a raíz da súa privatización.

As transmisións divídense en oito sinais rexionais satelitais: África, América Latina, Asia, os Estados Unidos, Europa, Francia/Bélxica/Suíza, Oriente (transmitidas dende París) e o Quebec/Canadá (dende Montreal). Os seus programas están subtitulados en dez linguas.

Difusión Está dispoñible en toda Europa a través dos satélites Astra e Hotbird e a través da maioría dos operadores de cable (TV5 Monde Europe). É unha canle moi seguida en Galicia polos galegos que viviron en Francia e na Suíza romanda e que retornaron á terra de orixe (Galicia).

Presidentes Jean Stock: 1988-2001 Serge Adda: 2001-2005 Jean-Jacques Aillagon: 2005-2006 François Bonnemain: desde 2006

Accionistas Os accionistas de TV5 Monde son: France Télévisions (47,38%) Arte Francia (12,5%) Télévision Suisse Romande (11,1%) RTBF (11,1%) Radio-Canadá (6,67%) INA (6,61%) Télé-Québec (4,44%) François Bonnemain (0,06%) Thierry Bert (0,06%) Patrice Duhamel (0,06%)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial de TV5 Monde

Categoría:Cadeas de televisión da Unión Europea