Paulino Lago Chouza, nado no Porto do Son en 1941 e finado en Muros na primavera de 1999, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Mestre de EXB en Esteiro,La Voz de Galicia, Santiago, 30-4-1983, p. 38. tiña fortes lazos familiares co concello de Muros. Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro de Muros pola UCD, e accedeu á alcaldía trala dimisión do alcalde Manuel Fernández Lamela a finais do mes de maio dese ano, xunto co resto de compañeiros de lista da UCD, agás el, debido a discrepancias co partido.La Voz de Galicia, 30-5-1979, p. 35. Desta forma asumiu a alcaldía no mes de setembro. Nas municipais de 1983 encabezou a lista do PGI, pero foi derrotado polo PSdeG-PSOE que obtivo 4 concelleiros fronte a 3 del, polo que perdeu a alcaldía en favor de Xosé Lago Hermida. En novembro dese mesmo ano repetíronse as eleccións tras ser anuladas, logrando os socialistas unha vantaxe aínda maior con 7 concelleiros fronte a 2.

Faleceu na primavera de 1999. O 30 de outubro de 2008 el e mais Fernández Lamela foron proclamados fillos predilectos do concello de Muros de forma póstuma.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Muros

Ligazóns externas Lamela y Lago Chouza serán Fillos Predilectos

Categoría:Alcaldes de Muros Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Porto do Son Categoría:Nados en 1941 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes