O Museo de Arte de São Paulo ou MASP (en portugués, Museu de Arte de São Paulo) é un museo situado na Avenida Paulista dende 1968. Foi fundado polo empresario Assis Chateaubriand en 1947. É un dos máis importantes espazos culturais do país e de América do Sur, popularmente coñecido pola arquitectura das súas instalacións.
É unha institución privada sen ánimo de lucro. Está recoñecido internacionalmente pola súa calidade e diversidade, a colección do MASP é considerada unha das máis importante de América Latina, con obras que proceden tanto da antigüidade clásica como da arte contemporánea.
Véxase tamén
Ligazóns externas Museo de Arte de São Paulo - MASP
Outros artigos
Avenida Paulista
Categoría:Museos do Brasil Categoría:Museos de arte Categoría:São Paulo