A morte é o final permanente das funcións biolóxicas ou funcións vitais que definen un ser vivo. Refírese tanto á terminación en si da vida como ao estado posterior do antigo organismo, do que se di que está morto. A auténtica natureza do que vén despois da morte foi, desde hai milenios, unha preocupación central das tradicións relixiosas e filosóficas de todo o mundo. Moitas relixións teñen fe ben nunha vida no máis alá, ben na reencarnación.
O efecto da morte física sobre a mente ou a alma segue a ser unha pregunta aberta. Para a ciencia contemporánea, a morte dun organismo é o final.
A morte nos animais Case sen excepcións, agás a Turritopsis nutricula, un cnidario hidrozoo que ten un ciclo vital no cal o animal volve ao estado de pólipo colonial despois de alcanzar a madureza sexual, sendo o único caso coñecido dun metazoo que é capaz de volver a un estado de immadureza sexual despois de alcanzala,Turritopsis nutricula in World Register of Marine Species Consultada o 1/2/2012. os animais morren por envellecemento, pero algúns fenómenos poden causar unha morte prematura, como a malnutrición, a depredación, a enfermidade, os accidentes que provocan traumatismos terminais ou, en circunstancias extremas, unha grave perturbación dun ecosistema.
Por iso, a morte no mundo natural tamén pode producirse como resultado directo ou indirecto da activitade humana: unha causa crecente da extinción de especies en tempos recentes é a destrución de ecosistemas como consecuencia do incremento e expansión da tecnoloxía industrial.Human Activities Cause of Current Extinction Crisis Consultada o 11/2012
A morte nos seres humanos As actividades humanas voluntarias que provocan a morte inclúen o suicidio, o homicidio e a guerra. Cada día morren aproximadamente 150 000 persoas en todo o mundo. miniatura|Vanitas, a cara simbólica da morte, detalle dunha pintura de Philippe de Champaigne. O obxectivo principal da ciencia médica é o de pospoñer e evitar a morte. Neste contexto, a morte vese máis como un proceso que como un acontecemento; algúns elementos ou craracterísticas que antigamente eran considerados como indicadores da morte son actualmente reversíbeis.Crippen, David (2005): "Brain Failure and Brain Death", in ACS Surgery Online, Critical Care ACS Cando se quere trazar unha liña divisoria entre a vida e a morte, cómpre ter en conta outros factores a parte da presenza ou ausencia de signos vitais. En xeral, a morte clínica non é nin necesaria nin suficiente para determinar a morte legal. Un paciente cun corazón e uns pulmóns funcionais que estea en situación de morte cerebral pode declararse legalmente morto sen que se producira a morte clínica. Noutras palabras, a definición médica precisa da morte é máis problemática, paradoxalmente, a medida que avanzan os coñecementos científicos e a tecnoloxía.
Causas da morte nos seres humanos
Hai diferentes causas de morte: As mortes non intencionadas, a morte natural producida por unha patoloxía determinada que acaba coa vida do ser humano, a morte accidental como consecuencia da acción dun axente externo de forma involuntaria ou azarosa, as mortes intencionadas, a morte por culpa doutro, é dicir, o asasinato, incluíndo as mortes nas guerras e a pena de morte (para algunhas persoas tamén o aborto e a eutanasia, aínda que esta inclusión é polémica) ou a morte provocada por un a si mesmo (suicidio), que pode ser ritual (sacrificio) ou non.
As principais causas de morte na actualidade, segundo a OMS son (por orde de prevalencia): enfermidades relacionadas co corazón, infeccións, cancros, enfermidades respiratorias, accidentes, enfermidades dixestivas e mortes intencionadas.
Estas causas difiren segundo se trate dun país desenvolvido ou dun país do Terceiro Mundo. No primeiro caso, os motivos máis frecuentes de morte son os cardiovasculares, o cancro de pulmón e outros problemas respiratorios, os accidentes de tráfico, o cancro de estómago, problemas de presión arterial (tensión), tuberculose e suicidios, nesta orde. En cambio, nos países subdesenvolvidos a primeira causa de morte é a SIDA, seguindo as infeccións respiratorias, as diarreas, as enfermidades cardiovasculares, as enfermidades da infancia e a malaria.
Causas da morte en Galicia No ano 2009, segundo cifras do Instituto Nacional de Estadística,Galicia. Defunciones por provincia de residencia, causas (lista reducida), sexo y edad Consultada o 12/1/2012. producíronse 30 180 defuncións (15 241 homes e 14 9839 mulleres), e as causas destes falecementos distribúense así:
Enfermidades do aparello circulatorio 9 799 (32,5 %) Accidente vascular cerebral, 2 893 Insuficiencia cardíaca, 1 453 Infartos de miocardio, 1 358 Outras isquemias, 1 191 Enfermidades hipertensivas, 580 Arteriosclerose, 299 Outras: 2 095 miniatura|275px|Rosalía de Castro xacente, retratada polo seu fillo Ovidio Murguía. Tumores 8 107 (26,90 %) Cancro de traquea, bronquios e pulmón, 1 411 Cancro de colon, 811 Cancro linfático,1 580 Cancro de estómago, 558 Cancro de próstata, 480 Cancro de mama,2 440 Cancro de páncreas, 408 Cancro de fígado, 367 Cancro de vexiga, 347 Cancro de recto e ano, 267 Cancro de labio, boca e farinxe, 185 Cancro de pel,3 174 Cancro de esófago, 169 Cancro de útero,4 159 Cancro de encéfalo, 158 Cancro de ovario, 152 Cancro de ril, 140 Cancro de larinxe, 108 Outros cancros dixestivos, 185 Outros cancros respiratorios, 42 Tumores benignos, 26 Outros cancros,5 922
1. Dos que 206 foron leucemias. 2. Dos que 10 afectaron a homes. 3. Dos que 60 foron melanomas malignos. 4. Dos que 53 foron de colo uterino. 5. Iclúense óseos, de cartilaxes, síndrome mielodispolásica e incertos/descoñecidos.
Enfermidades do aparello respiratorio 3 642 (12,07 %) Enfermidades crónicas1, 1 205 Pneumonía, 684 Insuficiencia respiratoria, 193 Asma, 77 Influenza (gripe), 21 Outras, 1 472
1. Agás asma.
Enfermidades do aparello dixestivo 1 377 (4,56 %) Cirrose e outras enfermidades hepáticas, 431 Enfermidades vasculares intestinais, 269 Outras, 677
Trastornos mentais 1 325 (4,40 %) Trastornos mentais orgánicos, senís e presenís, 1 272 Trastornos mentais debidos ao abuso do alcohol, 27 Trastornos mentais debido a toxicomanías, 2 Ouros, 24
Mortes debidas a causas externas 1 257 (4,17 %) Suicidio, 340 Accidentes de tránsito, 250 Afogamento e sufocación, 239 Caídas accidentais, 155 Outros accidentes, 145 Envelenamento, 36 Homicidio, 14 Outras, 64
Enfermidades do sistema nervioso e órganos dos sentidos 1 249 (4,14 %) Enfermidade de Alzheimer, 695 Outras, 554
Mortes de causa non ben definida 1 020 (3,38 %) Paro cardíaco, morte sen asistencia e de causa descoñecida, 693 Senilidade, 636 Morte súbita infantil, 1 Outras, 160
Enfermidades do sistema xenitourinario 751 (2,49 %)
Enfermidades endócrinas, nutricionais e metabólicas 717 (2,38 %) Diabetes mellitus, 632 Outras, 85 miniatura|300px|A morte axexando a unha rapaza. Escultura de Francisco Asorey, no Cemiterio de Pereiró, na sepultura das fillas de Xosé Gil Gil, finadas por tuberculose. Infeccións e parasitoses 498 (1,65 %) Septicemia, 297 Hepatite vírica, 51 SIDA, 64 Tuberculose, 30 Outras, 22 VIH+, 0
Outras causas (menos do 1 % de prevalencia) 442 Enfermidades do sistema osteo-muscular: 193 (0,64 %) Enfermidades da pel: 107 (0,35 %) Enfermidades do sangue e o sistema hemopoético: 66 (0,22 %) Malformacións conxénitas e anomalías cromosómicas: 39 (0,13 %) Enfermidades no período perinatal: 33 (0,11 %) Enfermidades no embarazo, parto e puerperio: 0 (0,00 %)
Taxa de mortalidade e esperanza de vida ao nacer
A taxa de mortalidade é a relación entre o número de mortes nunha determinada poboación nun período de tempo e o número total de persoas vivas nunha zona determinada. Normalmente exprésase en número de mortes por 10 000 persoas e ano (tanto por mil):
Taxa bruta de mortalidade = Falecidos nun ano / poboación x 1.000
A taxa de mortalidade considérase alta se supera o 35 º/oo, moderada se vai do 15 º/oo ao 35 º/oo, e baixa se está por debaixo do 15 º/oo. En España a taxa bruta de mortalidade está situada arredor do 8,3 º/oo e en Galicia é un pouco máis elevada, o 10,8 º/oo (datos do ano 2009).
Porén, hai que dicir que se trata dunha taxa menos clara que a de natalidade, xa que se ve alterada polo envellecemento da poboación á que se fai referencia, que en Galicia é moi acusado. Por iso é necesario complementar este dato con outras taxas, como a da mortalidade infantil.
Taxa de mortalidade infantil (TMI) = Falecidos menores dun ano / nacidos no ano x 1000
Nalgúns países onde as condicións sanitarias e hixiénicas son moi deficitarias, a mortalidade infantil é moi elevada. Actualmente a mortalidade infantil española e galega é das máis baixas de Europa.
En Galicia, no ano 2009, a taxa de mortalidade infantil foi do 2,7 º/oo, sendo as das catro provincias: A Coruña: 3,2 Lugo: 2,2 Ourense: 1,9 Pontevedra: 2,4
A esperanza de vida é o número medio de anos de vida que pode esperar vivir unha persoa no momento do seu nacemento. Actualmente existe unha clara diferenza entre os países desenvolvidos, onde a esperanza de vida é superior aos 70 anos, e os países subdesenvolvidos, onde a esperanza de vida está por debaixo dos 50 anos.
En Galicia a esperanza de vida pasou, nos últimos tempos, de 79,0 anos en 1998 (75,1 para os homes e 82,7 para as mulleres) a 81,7 anos en 2009 (78,3 para os homes e 85,1 para as mulleres).Datos do IGE Morte Consultada o 12/2/2012.
A morte na cultura miniatura|Escudo da Coruña, coa presenza dunha caveira con dúas tibias cruzadas, que simboliza na mitoloxía o triunfo de Hércules sobre Xerión, cuxos restos estarían enterrados nos alicerces do faro.
Tradicionalmente a morte foi unha das principais fontes do medo, e por iso varias relixións céntranse en explicar que coa morte non acaba realmente a vida, porque cren na resurrección futura, nalgunha reencarnación da alma ou porque o espírito da persoa entra noutro mundo (escatoloxía).
Como asunto descoñecido, diversas culturas trataron de personoficar a morte con símbolos, entre os que están: Un esqueleto cunha ferramenta enorme (normalmente unha gadaña) para cortar a vida (usual no tarot). Os olimpos na mitoloxía clásica. Azrael, o Anxo da morte do cristianismo e o islam. Un Deus da morte en varias mitoloxías. Unha sombra negra ou un espírito que vén poa noite. O demo. Unha cara con cruces nos ollos, ou simplemente a cruz (usualmente reprensentada nas árbores xenealóxicas e nas necrolóxicas). Ás veces pode adquirir a aparencia dun monstro. miniatura|A Santa Compaña. Varios mitos e lendas xiran en torno á criaturas que superan a morte (ou que permanecen nun estado intermedio entre a vida e a morte), como zombis, vampiros e ánimas errantes, entre outros. Tamén sobre diversos feitizos e encantamentos que prometen a inmortalidade ou elixires da eterna xuventude.
Tamén hai moitos mitos sobre o que cómpre facer cos falecidos, ritos funerarios e dós dos superviventes. Actualmente a maioría das culturas opta por enterrar os corpos (nos cemiterios) ou cremalos.
A fascinación pola morte é a esencia de movementos culturais como o dark, o gótico ou o decadentismo.
Algunhas frases sobre a morte "Estar alerta, eis a vida; xacer na tranquilidade, velaí a morte". Oscar Wilde. "Polo tanto, amados míos, como sempre obedecéchedes, [...], ocuparvos na vosa salvación con temor e tremor". Filipenses 2, 12. "Un individuo que sobrevivise á súa morte física é algo alén da miña comprensión, nin eu o desexo doutro xeito; tales nocións son para os medos ou absurdos egoísmos das mentes febles". Albert Einstein. "Cando a miña voz cale coa morte, o meu corazón seguirache falando". Rabindranath Tagore. "A figura da morte, en calquera traxe que veña, é espantosa". Miguel de Cervantes. "É unha mágoa irse, isto comezaba a poñerse divertido". Louis Joseph Gay-Lussac.