No Age é un dúo estadounidense de noise pop procedente dos Ánxeles (California), formado en 2005 polo guitarrista Randy Randall e o batería e vocalista Dean Allen Spunt. A parella inicialmente tocou xunta co batería Jeremy Villalobos na banda Wives, e colleu o seu nome dun recompilatorio instrumental do selo SST Records editado en 1987 que Spunt descubriu mentres traballaba en Aron's, unha tenda de discos dos Ánxeles.

O grupo fichou por Sub Pop Records entre 2008 a 2013, lanzando tres álbums con este selo. O cuarto traballo de estudio de No Age, Snares Like a Haircut, foi lanzado por Drag City o 26 de xaneiro de 2018. Drag City tamén lanzou Goons Be Gone, o seu quinto álbum de estudio, o 5 de xuño de 2020, e o sexto, People Helping People, en 2022.

Discografía Álbum Ano Selo Weirdo Rippers 2007 FatCat Nouns 2008 Sub Pop Everything in Between 2010 Sub Pop An Object 2013 Sub Pop Snares Like a Haircut 2018 Drag City Goons Be Gone 2020 Drag City People Helping People 2022 Drag City

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de noise pop Categoría:Grupos musicais de shoegazing Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais formados en 2005