O akawaio é unha lingua caribe. Ten 6481 falantes distribuídos en Güiana (4500), Venezuela (811)Catherine Alès et al. (2003). Caminos cruzados: ensayos en antropología social, etnoecología y etnoeducación. IRD éditions, p. 480. e o Brasil (1170).Pobos Indíxenas no Brasil O akawaio está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Distribución xeográfica En Güiana fálase na rexión centro occidental, nas bacías do alto río Mazanurí e dos seus afluentes Potaro, Ireng e Cotingo. No Brasil fálase en Roraima, aquí a lingua recibe o nome de ingarikó. En Venezuela vive unha comunidade que chegou en 1969, trala rebelión de Rupununi, actualmente localizados en San Martín del Turumbán e algúns casaríos dispersos no Estado Bolívar.
Usos sociais Os lingüistas da Universidade Rice Spike Gildea e Desrey Fox desenvolveron unha ortografía para a lingua,Masayoshi Shibatani (2002). The Grammar of Causation and Interpersonal Manipulation. John Benjamins Publishing Company, p. 369. que empregan as comunidades da Güiana, aínda que xa antes os misioneiros desenvolveron formas escritas da lingua e en 1873 traduciron partes da Biblia ao akawaio.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O akawaio no Ethnologue Texto en akawaio Construcións causativas en akawaio (PDF)
Categoría:Linguas caribes Categoría:Linguas de Güiana Categoría:Linguas de Venezuela