Beatriz Hernanz Angulo, nada en Pontevedra o 17 de outubro de 1963, é unha poeta, tradutora e crítica literaria galega.
Traxectoria
Licenciada e doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid, tamén cursou estudos de doutoramento na Universidade de Edimburgo cunha bolsa Stevenson.
Ten traballado no ámbito da docencia universitaria (profesora en universidades inglesas e americanas, ademais de directora académica na ESADT da Universidade de Kent) e da crítica literaria, así como en postos directivos de xestión cultural de entidades como a Fundación Carolina. Foi directora do Centro de Documentación Teatral do INAEM e coordinadora xeral d Comisión dO Centenario de 1898.
En 2024 era Directora do Instituto Cervantes en Cracovia.
Como crítica, ten colaborado nos xornais ABC, El Mundo e El País, e nas revistas Turia, Cuadernos del matemático ou Barcarola, entre outras.
Como tradutora, ten vertido ao castelán pezas soltas de poetas como Eugenio Montale, Edward Estlin Cummings , ou Wisława Szymborska.
Obra
La lealtad del espejo (1993). Albacete: Concello. Prólogo de Francisco Umbral. Premio Barcarola de poesía (1993). La vigilia del tiempo. (1996). Madrid: Ediciones Rialp. Accésit do Premio Adonais (1996). La epopeya del laberinto (2001). Palma de Mallorca: Calima. La piel de las palabras (2005). Palma de Mallorca: Calima. Prólogo de José Manuel Caballero Bonald. Los volcanes sin sueño (2011). Madrid, Polibea, Colección Los Conjurados. Con poema preliminar de Rafael Cadenas. Habitarás la luz que te cobija (2017). Oviedo, Ars poética. Prólogo de Jorge Edwards. Cenizas solares (Cuaderno siciliano) (2024) Oviedo: Ars Poética.
En galego A pelegrina do vento (2013). Toledo: Lastura. (Antoloxía da súa obra en galego).
Vida persoal Foi irmá do xurista e árbitro de fútbol Rafael Hernanz Angulo. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Exemplos da súa obra
Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1963 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Tradutores de Galicia