Fuchs é un apelido moi corrente en alemán, que significa 'raposo'. A súa pronuncia aproximada é fuks.

Personalidades Ernst Fuchs (1851-1930), oftalmólogo austríaco que describiu a mancha de Fuchs. Gottfried Fuchs (1889-1972), futbolista alemán. Josef Fuchs, chamado Sepp Fuchs, nacido en 1948, ciclista suízo. Klaus Fuchs (1911-1988), de nome completo Emil Julius Klaus Fuchs, físico alemán. Immanuel Lazarus Fuchs (1833-1902), matemático alemán. Leonhart Fuchs (1501-1566), botánico alemán. Robert Fuchs (1847-1927), compositor austríaco. Robert Fuchs (1895-1977), xeneral alemán da Luftwaffe durante a segunda guerra mundial. Vivian Fuchs (Sir Ernest Vivian Fuchs, 1908-1999), xeólogo inglés e explorador do Antártico.

Plantas Dada a importancia da obra de Leonhart Fuchs en botánica, varias plantas levan o seu nome na súa homenaxe

A orquídea de Fuchs é unha orquidiácea de Europa. O senecio de Fuchs é unha planta herbácea da familia das asteráceas (Asteraceae) ou compostas (Compositae). As fucsias son as plantas do xénero Fuchsia, moitas delas cultivadas como ornamentais.

Medicina Mancha de Fuchs, termo de oftalmoloxía.