Kofi Atta Annan, nado en Kumasi, Ghana, o 8 de abril de 1938 e finado en Berna o 18 de agosto de 2018,Former UN chief Kofi Annan dies foi Secretario Xeral da Organización das Nacións Unidas e laureado co Premio Nobel da Paz no 2001.

Traxectoria De orixe nobre na súa terra natal, o seu nome significa "nacido nun venres". Despois de comezar a estudar Economía na Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Kumasi, Kofi recibiu unha bolsa para continuar os seus estudos nos EUA.

Annan comezou a traballar nas Nacións Unidas ao ingresar en 1962 na Organización Mundial da Saúde. Ao longo dos anos exerceu diferentes funcións na ONU ata chegar ao posto de secretario-xeral o 1 de xaneiro de 1997. En decembro de 2006, logo de nove anos no cargo, foi substituído polo surcoreano Ban Ki-Moon.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Secretarios Xerais da ONU Categoría:Nados en Kumasi Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Premio Sakharov Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Notre Dame Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Lund Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Ottawa Categoría:Premios Nobel de Ghana