Alfredo García Pinal, nado no Carballiño en 1962, é director de cine e guionista galego. É coñecido por codirixir Urxa (1989), a súa única longametraxe, con Carlos Piñeiro. Actualmente é profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e na Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV).
Traxectoria Licenciado en Ciencias da información (Rama de Imaxe) pola Universidade Complutense de Madrid. Crítico de cine no xornal La Voz de Galicia (edición de Pontevedra) baixo o pseudónimo de “8 y cuarto” ó longo de catro anos (1983-1987). Participou activamente -colaborando ou dirixindo- en boa parte das curtametraxes cinematográficos da década dos 80. En 1989 codirixiu Urxa, a súa única longametraxe, con Carlos Piñeiro.
En 1993 funda en Pontevedra a empresa "Síntese Video Infografía", que produce animación 3D para vídeo e publicidade. A partir dese ano, alterna a produción infográfica coa realización free-lance de anuncios publicitarios e vídeos corporativos e institucionais.
Actualmente é profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, da EGACI (Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia), onde imparte a sinatura de dirección, e na EISV (Escola de Imaxe e Son de Vigo).
Filmografía 1984. "El incidente" (vídeo) CM. 1984. "Madrid 2" (vídeo). 1984. "Morrer no mar" (35 mm). 1989. Urxa, codirección con Carlos Piñeiro (35 mm). 1993. "A barbeiría" (35 mm).
Véxase tamén Ligazóns externas Alfredo García Pinal en culturagalega.org. Axencia Audiovisual Galega.
Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes