é un filme de animación xaponés dirixido por Shigeyasu Yamauchi que se estreou en 1993. Décimo primeiro filme baseado no manga e anime Dragon Ball creado por Akira Toriyama e oitavo da etapa Dragon Ball Z.

Esta película foi dobrada ao galego e emitiuse na TVG o 5 de xaneiro de 1998.

Sinopse Durante un descanso de primavera chega á Terra Paragus, un dos Guerreiros do espazo sobrevivente, este chega a informarlle a Vexeta que conquistaron un novo planeta para a raza Saiyan. Toranks intenta convencer a Vexeta de que é unha trampa pero non o logra polo que decide acompañalo, xunto con eles van Oolong, Son Gohanda e Mestre Mutenroi. Por outro lado Goku é contactado por Kaiō do norte para que investigue a aparición dun Saiyan que destruíu a galaxia do sur.

Coa chegada de Goku, Brolin logra soltarse do control mental ó que o tiña sometido o seu pai. Ó espertar o seu poder destrutivo, Brolin logra facer que Goku e os seus amigos sexan insignificantes ante o seu dominio total. Mesmo Vexeta, o orgulloso príncipe dos saiyans, queda intimidado ó pensar que morrería a mans de Brolin. Tras unha dura batalla, Goku axudado coa forza dos seus amigos, logra derrotar a Brolin.

Personaxes Son Goku Son Gohanda Piccoro Vexeta Brolin Toranks Krilín Oolong Bulma Mestre Mutenroi Chichi Doutor Brief Rei Vexeta Kaiō do norte

Dobraxe

Data: maio de 1995 Dirección e axustes: Antón Pazos Estudio: CTV Galaxia, S.A. ()

Actores da dobraxe: +PersonaxeActor orixinal/Seiyū (Xapón)Actor de dobraxe (Galicia)NarradorJōji YanamiJorge PedrosaSon GokuMasako NozawaJulio LorenzoVexetaRyō HorikawaSuso ÁlvarezToranksTakeshi KusaoAntón PazosSon GohandaMasako NozawaTonia FuentesKrilínMayumi TanakaOscar FernándezPiccoroToshio FurukawaJosé Carlos San SegundoOolongNaoki TatsutaManuel PombalMutenroiKōhei MiyauchiAntonio Durán (Morris)Chi-ChiNaoko WatanabeTeresa SantamaríaKaioh do NorteJōji YanamiJosé Ramón LojoBulmaHiromi TsuruTrinidad MorenzaDr. BriefJōji YanamiAlfonso AgraNai de BulmaHiroko EmoriTrinidad MorenzaParagusIemasa KayumiPaco BarreiroBrolyBin ShimadaMatías BreaRei VexetaMasaharu SatōAlfonso AgraShamoHiroko EmoriHelena AmoedoMorYasuhiko KawazuAlfonso AgraCientífico KrangNaoki TatsutaSoldado–Doutor 1–Jorge PedrosaDoutor 2–José Ramón Lojo

Música Tema de apertura "CHA-LA HEAD-CHA-LA" por Hironobu Kageyama

Tema de peche por Hironobu Kageyama e Yuka

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1993 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de 1993 con versión en galego Categoría:Filmes de Dragon Ball