Gérson de Oliveira Nunes, coñecido simplemente como Gérson, nado o 11 de xaneiro de 1941 en Niterói, é un futbolista brasileiro. Xogaba como mediocampista. O seu alcume era "O Canhotinha de Ouro". Está considerado coma un dos mellores pasadores da historia do fútbol brasileiro.
Traxectoria O alcumado "Canhotinha de Ouro", foi campión do mundo no ano 1970. Era quen de facer pases de máis de corenta metros, colocando con grande precisión o balón onde quixera. Xogou en diversos clubs brasileiros, coma o Flamengo, e tamén o Botafogo, o São Paulo e o Fluminense, tendo sido por este club campión carioca no ano 1973 e rematando a súa carreira neste club.
Gérson tamén ficou famoso nos anos setenta por protagonizar unha campaña publicitaria de cigarros, na cal dicía "Gosto de levar vantagem em tudo" ("Gústame levar vantaxe en todo"). Esta frase resumía a corrupción que sufría o Brasil, ficando popularmente coñecida coma lei de Gérson. O propio Gérson lamentou que o seu nome vaia ligado a este defecto do seu país, que nin ten que ver co seu xeito de ser nin coas súas ideas.
Mentres estivo en activo, os seus compañeiros chamáballe "Papagaio", pois sempre gustou de falar moito sobre fútbol.
Tralo seu retiro, fíxose comentarista deportivo, traballando en varios medios. A día de hoxe atópase no programa Jogo Aberto Rio. Amais diso, tamén coordina unha escola de fútbol na súa cidade natal.
Títulos Flamengo Torneio Rio-São Paulo: 1961 Campeonato Carioca: 1963
Botafogo Torneio Rio-São Paulo: 1964 e 1966 Campeonato Carioca: 1967 e 1968 Taça Brasil: 1968
São Paulo Campeonato Paulista: 1970 e 1971
Fluminense Campeonato Carioca: 1973
Brasil Copa Rocca: 1963 e 1971 Mundiais de Fútbol: 1970
Categoría:Futbolistas olímpicos do Brasil Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Flamengo Categoría:Xogadores do Botafogo Categoría:Xogadores do São Paulo FC Categoría:Xogadores do Fluminense FC Categoría:Nados no estado do Río de Xaneiro Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1966 Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1960 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1970 Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial