Matto Congrio foi un grupo galego de música instrumental, creado en 1993. Matto Congrio publicou un disco gravado en Dublín (9 temas) e Madrid (2 temas), e contou coa participación de Paddy Moloney (gaiteiro de The Chieftains). Algúns dos compoñentes do grupo van formar posteriormente Berrogüetto.

O grupo estaba formado por: Carlos Núñez (gaita e frauta de pico) Santiago Cribeiro (acordeón, piano e teclados) Anxo Lois Pintos (violín, gaita e saxo soprano) Diego Bouzón (guitarra española e eléctrica) Isaac Palacín (batería e percusións) Pancho Álvarez (baixo, mandolina e guitarra acústica)

Discografía Matto Congrio (1993); inclúe as seguintes pezas: "Muiñeira de Inzenga" "Camiño de Santiago" "Gaseadas formas globulares" "Reel en su salsa" "Matt Molloy´s" "Canto de seitura" "Polka de Vilagarcía" "Crisol de insectos imposibles" "Music for a found harmonium" "Ladies and Jamesons" "Café Dublin"

Categoría:Grupos musicais formados en 1993 Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Música de Galicia sen imaxes