Pedro Ignacio Benavente Jareño, nado en Sabiñánigo (provincia de Huesca) o 31 de xullo de 1950, é un veterinario e escritor galego.
Traxectoria É licenciado en Veterinaria pola Universidade de Oviedo. Radicado no Grove, foi inspector de Saúde Pública na zona de Pontevedra até a súa xubilación.
Foi colaborador no Dicionario da Real Academia Galega. É editor habitual na Galipedia desde 2007. Obra colectiva Con Xesús Ferro Ruibal. Refraneiro galego da vaca, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Santiago de Compostela, 1994.Refraneiro galego da vaca Con Benxamín Dosil López, Guía de alimentación, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995, ISBN 84-453-1301-0. Coordinador con María Camiño Noia Campos e Xosé María Gómez Clemente, Diccionario de sinónimos da lingua galega, Editorial Galaxia, Vigo, 1997, ISBN 84-8288-134-5.Vista previa en Google books Con Elena Benavente García. Manipulador de alimentos en el sector hostelería. Prácticas correctas de higiene alimentaria en establecimientos de restauración, Editorial Ideaspropias, Pontevedra, 2006, ISBN 978-84-9839-059-9 (e 978-84-9839-293-7 a versión electrónica). Con Elena Benavente García. Manipulador de alimentos en el sector comercio. Prácticas correctas de higiene alimentaria en establecimientos minoristas, Editorial Ideaspropias, 2006, ISBN 978-84-9839-058-2 (e 978-84-9839-367-5 a versión electrónica).Manipulador de alimentos en el sector comercio. Prácticas correctas de higiene alimentaria en establecimientos minoristas Con Elena Benavente García. Manipulador de alimentos (2ª edición). La importancia de la higiene en la elaboración y servicio de comidas, Editorial Ideaspropias, 2007, ISBN 0061980119.LaLibreriadelaU.com Con Xesús Ferro Ruibal. O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2010, ISBN 978-84-453-4948-9.O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacúnA lingua da vaca, Culturagalega.org.Feijóo destaca O libro da Vaca como un tesouro lingüístico, GaliciaDigital.com
Recoñecementos Premio Lois Peña Novo (1997) En 2011 recibiu o I Premio Anual da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia"Inaugurado el nuevo curso académico" , artigo na web da ACVG, novembro de 2011.. En 2012 recibiu o Premio Rosalía de Castro de Lingua e Cultura"Un aragonés residente no Grove gana o III Premio 'Rosalía de Castro' de Lingua e Cultura", artigo no Diario de Pontevedra, 9 de maio de 2012..
Notas
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Sabiñánigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Veterinarios de Galicia Categoría:Wikimedistas Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo