Fernando I, chamado «o Magno» ou «o Grande», nado en Burgos en 1017 e finado o 27 de decembro de 1065, foi conde de Castela dende 1029, e rei consorte de GalizaInterim Fernandus Sanciam, filiam Adefonsi Galiciensis regis: Fernando en calidade de consorte de Sancha, filla de Afonso [V], rei de Galiza" (López Carreira (2005), p. 328) ou de LeónSegundo a historiografía española. dende o ano 1037, sendo unxido como tal o 22 de xuño de 1038.
Traxectoria esquerda|miniatura|Fernando I e a súa esposa Sancha I recibindo o seu Libro de horas (1055).|356x356px Fillo de Sancho Garcés III de Pamplona, chamado «o Maior», rei de Pamplona, e de Munia, irmá de García Sánchez de Castela. Foi designado conde de Castela en 1029, se ben non exerceu o goberno efectivo até a morte do seu pai en 1035. Converteuse no rei de Galiza. polo seu matrimonio con Sancha, filla de Afonso V o Nobre e Elvira Méndez, despois de que o seu cuñado e lexítimo rei Vermudo III, falecese loitando contra el na batalla de Tamarón.
Os primeiros dezaseis anos do reinado pasounos resolvendo conflitos internos e reorganizando o reino. En 1054, as disputas fronteirizas co seu irmán García III de Pamplona viraron en guerra aberta. As tropas galegas deron morte ao monarca navarro na batalla de Atapuerca.
No seu tempo o reino foi ampliado, tomándose as prazas de Lamego (1057), Viseu (1058) e Coímbra (1064), e someteuse a algúns do reinos de taifas ao pago de parias.
División do reino Despois da súa morte e a da súa esposa Sancha, os dominios da parella foron divididos entres seus fillos: ao primoxénito, Sancho, correspondeulle o estado patrimonial de seu pai, o condado de Castela, elevado á categoría de reino, e as parias sobre o reino taifa de Zaragoza; a Afonso, correspondeulle o Reino de León, así como os dereitos sobre o reino taifa de Toledo; García recibiu a parte principal dos territorios do reino mailos dereitos sobre os reinos taifas de Sevilla e Badaxoz; a Urraca e a Elvira correspondéronlles as cidades de Zamora e Toro, respectivamente, tamén con título real. Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lista de monarcas de Galicia Lista de monarcas de León
Categoría:Reis de Galicia Categoría:Reis de León Categoría:Nados en 1017 Categoría:Finados en 1065 Categoría:Condado de Castela