Marco Licinio Craso (en latín, Marcus Licinius P. f. M. n. Crassus), nado na Roma Antiga no 115 a. C. e finado no 53 a. C., foi, na súa época, un dos homes máis ricos de Roma e recibiu por iso o cognome de Dives. Foi cónsul por dúas veces, no 70 e no 55 a. C., ambas xunto a Pompeio. Aínda así, a súa influencia no mundo político era limitada polo feito de ser un home ligado ao mundo dos negocios, o que non era considerado propio para un senador. Así, Craso aliouse ao patricio mozo Xulio César como o seu provedor de fondos. Chegou finalmente ao poder formando, con César e Pompeio, o Primeiro triunvirato. Craso morreu na batalla de Carrhae cando comandaba dunha expedición contra os partos que acabou nun desastre completo, principalmente debido a falta de preparación da mesma expedición. Este fallo valeulle ser recordado na expresión popular erro craso, que invoca a súa tráxica morte.

Craso tiña innumerables negocios e propiedades, pero unha das súas formas máis peculiares de gañar diñeiro era a súa brigada anti-incendio. Os incendios eran relativamente comúns en Roma. Cando unha casa prendía lume, a brigada de Craso chegaba cun carro con auga, extinguía o lume e logo revindicaba o cobro dos seus servizos. A casa pasaba a pertencer a Craso e o antigo habitante tiña que pagar alugueiro.

Craso foi tamén comandante das forzas que extinguiron a rebelión de escravos liderada por Espártaco, o que lle proporcionou popularidade e poder.

Traxectoria

Orixes Marco Licinio Craso pertencía á gens Licinia, unha antiga e respectada familia plebea de Roma. Os Licinios adoitan seren considerados unha das familias plebeas máis importantes de Roma,cuxo ascenso comezara a finais do século III a. C. e os Craso foron (na súa maior parte) a rama máis prominente desta familia.McPherson (2009-2010), p. 23

Había tres ramas principais da casa dos Licinios Craso nos séculos II e I a. C.,Deducible do seu xentilicio e cognomen comúns, mentres que o fragmento de Ciceron, Scaur. en Ascon.27G=23C afirma explicitamente que os consulares homónimos que se quitaron a vida, P. Crasus Dives Mucianus (cónsul no 131 a. C.) e P. Crassus (cónsul no 97 a. C.), pertencían á mesma estirpe. e xurdiron moitos erros nas identificacións e liñaxes debido á uniformidade da nomenclatura romana, a suposicións modernas erróneas e á desigualdade da información entre as xeracións. Ademais, o cognomen Dives dos Craso Divites significa rico ou adiñeirado, e dado que Marco Craso, era coñecido pola súa enorme riqueza, isto contribuíu a suposicións precipitadas de que a súa familia pertencía aos Divites. Pero ningunha fonte antiga lle outorga a el nin ao seu pai o cognomen Dives; mesmo, Plutarco di que a súa gran riqueza foi adquirida en lugar de herdada, e que foi criado en circunstancias modestas.Plutarco, Parallel Lives, Life of Crassus, 1.1; 2.2

Marco Licinio Craso, foi o segundo de tres fillos do eminente senador e vir triumphalis Publio Licinio Craso (cónsul no 95 a. C., censor no 89 a. C.). Esta liñaxe non descendía dos ricos Crassi Divites, aínda que a miúdo se supón que si o era. O irmán máis vello, Publio (nado arredor do 116 a. C.), morreu pouco antes da Guerra Itálica, e o pai e o irmán máis novo de Craso foron asasinados ou quitáronse a vida en Roma, no inverno do 87 - 86 a. C., cando eran perseguidos polos partidarios de Caio Mario, tras a súa vitoria no Bellum Octavianum.Apiano, Bellum CivilePrutarco, Parallel Lives, Vida de Craso, 4.1; tamén en Cicerón, Scaur. fragmento en Ascon.27G=23C, con Asconio comentando o fragmento. Craso tivo a infrecuente distinción de casar coa súa esposa Tertula despois de que esta quedase viúva co seu irmán.

O avó de Craso, co mesmo nome, Marco Licinio Craso (pretor ca. 126 a. C.), recibiu en broma o alcume grego Agelastus (o que non ri ou o severo) polo seu contemporáneo Caio Lucilio, o inventor da sátira romana, quen afirmou que sorriu unha vez na súa vida. Este avó era fillo de Publio Licinio Craso. O irmán deste último, Caio Licinio Craso (cónsul no ano 168 a. C.), escribiu a terceira liña dos Licinios Craso da época, o máis famoso dos cales foi Lucio Licinio Craso, o maior orador romano antes de Cicerón e heroe e modelo da infancia deste último. Marco Craso tamén foi un orador talentoso e un dos avogados máis enérxicos e activos do seu tempo.

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Fontes clásicas

Asconio.

Fontes modernas

Categoría:Mortos en combate Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Censores romanos Categoría:Populares Categoría:Nados en Roma Categoría:Nados en -115 Categoría:Finados en -53