miniatura|300px|Entrada á estación. A Estación de Vigo-Guixar é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Vigo. Ten servizos de longa e media distancia, mentres que os servizos de alta velocidade chegan á estación de Vigo-Urzáiz.

Historia Situada na rúa Areal do lugar de Guixar (parroquia histórica de Teis), tradicionalmente destinouse ó tráfico de mercadorías da zona portuaria da cidade. Foi reconstruída para acoller tráfico de pasaxeiros por mor do desmantelamento da Estación de Vigo-Urzáiz. Nesta última edificouse unha nova estación que acolle, entre outros, os servizos de alta velocidade.

As obras para a súa construción iniciáronse en marzo de 2010A estación provisional de Guixar comeza a tomar forma coa cimentación Faro de Vigo e concluíron pouco máis dun ano despois en agosto do 2011. A estación inaugurouse o 27 de agosto de 2011.O Ministro de Fomento pon en servizo a nova estación de Vigo-Guixar Ministerio de Fomento O orzamento inicial de 11 millóns de euros acabou alcanzando os 17,5 millóns de euros unha vez rematada a obra.

Aínda que inicialmente se proxectou como unha estación provisional mentres duraran as obras da principal estación da cidade, a de Urzáiz, finalmente optouse por manter as dúas estacións, unha para trens de vía convencional e a outra para servizos de alta velocidade maioritariamente.Urzaiz, rápido; Guixar, lento La Voz de Galicia

Servizos ferroviarios Longa Distancia Actualizados a 10 de xuño de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren semanal por sentido Intercity Bilbao-Abando Laudio · Miranda de Ebro · Briviesca · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido

Media distancia Actualizados a 10 de xuño de 2016. Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe   Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar 1 MD A CoruñaSantiago de Compostela Pontevedra Vigo-Guixar 3 Rexional ExprésRexional Internacional Porto-Campanhã Vigo-Guixar 6 Rexional Exprés León Ponferrada Ourense-Empalme | <> | Vigo-Guixar'''

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Antiga estación de Vigo Estación de Vigo-Urzáiz Lista de estacións de tren de Galicia Galería de imaxes de estacións de tren en Galicia

Ligazóns externas Información da estación na web de Adif

Vigo-Guixar Categoría:Transporte en Vigo