María Olga Iglesias Fontal, nada en Vilavella (Triacastela) o 15 de abril de 1971Segundo consta na súa Ficha de deputada no Congreso, ver . Consultado o 26 de febreiro de 2019, é unha veterinaria e política galega do PPdeG.

Traxectoria Licenciada e posteriormente doutora en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, é funcionaria do corpo veterinario da Xunta de Galicia. Foi elixida concelleira polo PPdeG en Triacastela en 2003. En 2007 encabezou a lista popular nas municipais. Foi candidata ao Congreso pola provincia de Lugo nas eleccións xerais de 2008 e aínda que non resultou elixida, tomou posesión en 2009 substituíndo a Raquel Arias Rodríguez. Nas municipais de 2011 volveu encabezar a candidatura do PPdeG ao concello de Triacastela e arrebatoulle a maioría absoluta ao PSdeG, que levaba gobernando durante máis dunha década. Tamén se presentou ás eleccións xerais de 2011 como número tres na lista do PPdeG, e saíu elixida.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Triacastela Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición

Ligazóns externas Artigo en El Progreso. Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo Categoría:Alcaldes de Triacastela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Triacastela Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Nados en 1971 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)