A bandeira nacional de Eswatini foi adoptada o 6 de outubro de 1968.eSwatini

Cores e simbolismo Azul: representa á paz e á estabilidade. Amarelo: representa os recursos naturais do país. Vermello: representa as batallas en tempos históricos.

O escudo, as dúas lanzas e o caxato zulú representan a defensa de Eswatini contra os seus inimigos. As cores do escudo (branco e negro) representa a convivencia pacífica entre as comunidades negra e branca.

Historia A bandeira está baseada nunha realizada polo rei Sobhuza II para os Swazi Pioneer Corps en 1941. Nesta hai un escudo Emasotsha en disposición horizontal. O escudo está reforzado por un caxato do cal colgan injobo (grupos de borlas de plumas de euplectes e o turaco). Por riba do caxato de mando están dúas lanzas locais chamadas assegai.

Outras bandeiras

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira de eSwatini en Flags of the World

Categoría:Símbolos de Eswatini Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1968