O Pavillón Polideportivo da Universidade de Santiago de Compostela é un recinto deportivo pechado e cuberto, disposto para a práctica de baloncesto, fútbol sala, voleibol, balonmán, esgrima ou bádminton. Inaugurado en 1981, forma parte do Complexo Deportivo Universitario da USC, situado no Campus Vida. O pavillón ten capacidade para unhas 1.000 persoas sentadas nas bancadas, e o seu aproveitamento principal é o desenvolvemento das distintas ligas universitarias.

O edificio está situado a carón do Estadio de Atletismo da USC, do Edificio Monte da Condesa e da Facultade de Física.

Nos últimos anos houbo queixas sobre algunhas goteiras que ten o tellado do pavillón, o cal provocou que a Universidade deseñase un plan de renovación que terá como obxectivo a reforma do pavillón e doutras instalacións deportivas universitarias. Galería

Véxase tamén Outros artigos Universidade de Santiago de Compostela

Ligazóns externas Normas para a utilización do pavillón Plano de Santiago de Compostela (O pavillón é o Nº 52)

Categoría:Deporte en Santiago de Compostela Categoría:Universidade de Santiago de Compostela