Ignacio Codesido Barreiro, nado en Touro o 20 de outubro de 1956, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Empregado de Caixa Galicia en excedencia. Entrou en política como concelleiro de Touro en 1987 como cabeza de lista do CDS. En xaneiro de 1990 fíxose coa alcaldía a través dunha moción de censura. Presentouse ás eleccións de 1991, como independente, resultando ser a forza máis votada. Porén, non conseguiu a alcaldía tras un pacto entre o PPdeG e o PSdeG-PSOE. Volveu ser alcalde en maio de 1994, tras unha moción de censura apoiada polos socialistas e a CNG. Nas municipais de 1995 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE, obtivo a maioría absoluta e continuou de alcalde. En decembro de 1998 abandonou a disciplina socialista para encabeza-la candidatura do PPdeG nas municipais de 1999. Porén, finalmente foi descartado polo comité local da formación conservadora, polo que foi cabeza de lista de Democracia Galega e revalidou a alcaldía con maioría absoluta.

En xuño de 2002 anunciouse a integración do seu grupo no PPdeG, co cal viña gobernando en coalición dende marzo de 2001 trala marcha dun edil do seu grupo que o deixou en minoría. Nas eleccións municipais de 2003 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta como cabeza de lista do PPdeG, situación que se repetiu nas seguintes eleccións de 2007, 2011, 2015 e 2019. Nas eleccións municipais de 2023 retirouse como candidato e foi substituído á fronte do PPdeG por Jesús Reboredo González.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Touro

Ligazóns externas https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2001/01/04/xunta-vertera-touro-harinas-resultantes-tratar-reses-cataluna/0003_361014.htm https://elpais.com/diario/2001/01/09/sociedad/978994807_850215.html https://www.publico.es/tremending/2018/03/28/el-alcalde-del-pp-de-touro-hace-pedazos-literalmente-las-quejas-de-sus-vecinos/ Entrevista en El Correo Gallego

Categoría:Alcaldes de Touro Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia por Democracia Galega Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Touro Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes