O Gran Premio do Pacífico foi unha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un celebrada en dúas ocasións na década de 1990. Ambas carreiras celebráronse no Circuíto Internacional Tanaka (agora Circuíto Internacional de Okayama), un trazado lento e sinuoso de 3´703 km. en Aida (preto de Kōbe), Xapón. Despois do terremoto de Kobe de , o Gran Premio do Pacífico trasladouse de pricncipio de tempada ó final da mesma.

O Gran Premio do Pacífico tamén se celebrou en Laguna Seca desde 1960 ata 1963, pero estas carreiras non eran de Campionato.

A carreira inaugural do Campionato en 1994 viu unha fácil vitoria de Michael Schumacher logo de que Ayrton Senna estivera involucrado nun accidente na primeira curva con Mika Häkkinen e Nicola Larini. Schumacher superou a Senna na primeira curva e o seu liderado nunca foi ameazado no resto da carreira. Schumacher puido dobrar ó segundo clasificado, Gerhard Berger no último terzo da carreira, pero elixiu non facelo. A volta rápida estableceuse na volta 3. A carreira foi boa para o equipo Jordan e Rubens Barrichello que acadou o seu primeiro podio na F1 co terceiro lugar. O máis recente Gran Premio do Pacífico en 1995 culminou nunha vitoria táctica para Michael Schumacher, asegurando o seu segundo Campionato do Mundo, e converténdose no máis novo dobre campión do mundo nese momento. Fernando Alonso superou a marca de Schumacher, ao gañar o seu segundo Campionato Mundial en , e Sebastian Vettel superou a ambos en .

Esta carreira fixo do Xapón un dos seis países (os outros son Gran Bretaña, España, Alemaña, Italia e os Estados Unidos) en albergar máis dunha carreira de Fórmula Un no mesmo ano. Que se suspendeu debido principalmente á localización do circuíto TI nunha zona remota do Xapón.

Co anuncio de que o Gran Premio do Xapón cámbiabase do circuíto de Suzuka á Fuji Speedway en , houbo especulacións nos medios de que Suzuka podía conservar unha carreira resucitando o Gran Premio do Pacífico. Con todo, máis tarde anunciouse que o Gran Premio do Xapón alternariase entre Fuji e Suzuka a partir de , aínda que a alternancia foi cancelada por Toyota, propietaria do Fuji Speedway debido á crise económica.

Patrocinadores Foster no Gran Premio do Pacífico de 1994.

Marlboro no Gran Premio do Pacífico de 1995.

Os gañadores do Gran Premio de Gran Pacífico Un fondo de cor rosa indica que unha carreira que non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados Michael Schumacher Benetton-Renault Circuíto TI Resultados Michael Schumacher Benetton-Ford Circuíto TI Resultados 1993-1964 Non celebrado 1963 Dave MacDonald Cooper-Ford Laguna Seca Resultados 1962 Roger Penske Zerex Special–Climax Laguna Seca Resultados 1961 Stirling Moss Lotus-Climax Laguna Seca Resultados 1960 Stirling Moss Lotus-Climax Laguna Seca Resultados

Notas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 desaparecidos