miniatura|dereita|Alberto Núñez Feijóo con Santiago Freire Abeijón. José Santiago Freire Abeijón, nado en Carantoña (Tállara, Lousame) en 1967, é un veterinario e político galego do PPdeG. Foi alcalde de Lousame e de Noia, e dende 2026 é director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na provincia da Coruña.

Traxectoria Estudou o bacharelato no Instituto de Noia e Veterinaria na Universidade de León. Exerceu como veterinario no ámbito privado e acadou unha praza de inspector de Saúde Pública. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PPdeG no concello de Lousame, conseguindo a alcaldía grazas ao apoio dunha concelleira independente, desbancando ao PSdeG-PSOE que levaba gobernando o concello dende as primeiras eleccións democráticas. Nas seguintes eleccións de 2007 e 2011 revalidou a alcaldía por maioría absoluta, e nese último ano foi designado deputado provincial. En setembro de 2012 renunciou á alcaldía e ó seu escano na deputación para formar parte da candidatura do PPdeG para as eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2012, nas cales resultou elixido deputado no Parlamento de Galicia.

Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Noia. A súa candidatura foi a máis votada pero non obtivo a maioría absoluta e quedou na oposición durante uns meses, ata que en febreiro de 2016 e grazas a unha moción de censura co apoio de Noieses Independientes Agrupados (NO.I.A) accedeu ao posto de alcalde e pasou a gobernar en coalición con esta formaciónSantiago Freire, do PP, xa é o alcalde de Noia, La Voz de Galicia, 17/02/2016.. Nas eleccións de 2019 e 2023 logrou de novo alcaldía co apoio do NO.I.A.

En setembro de 2024 un concelleiro do seu grupo, Luis Alamancos, votou contra o orzamento do goberno local e pasou a non adscrito, deixando o goberno en minoríaAlamancos vota en contra del presupuesto y dinamita el gobierno en mayoría de Noia, La Voz de Galicia, 27/09/2024.. En agosto de 2025, grazas á sentenza do Tribunal Constitucional que lles permitía aos tránsfugas participar nestes procesos, viuse desbancado da alcaldía tras unha moción de censura encabezada polo socialista Fran Pérez Caamaño, respaldado pola Marea Cidadá de Noia, o BNG e o edil non adscrito Luis Alamancos.

O martes 17 de marzo de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia o seu nomeamento como diretor territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional na provincia da Coruña tras a xubliación de Indalecio Cabana despois de 15 anos no posto.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Lousame Eleccións municipais en Noia

Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia Entrevista en La Voz de Galicia Freire renunció a su cargo de alcalde en un salon de plenos lleno de vecinos en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Noia Categoría:Alcaldes de Lousame Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Lousame Categoría:Nados en 1967 Categoría:Alumnos da Universidade de León