Xosé Manuel Pose Mesura, nado en Barizo (Malpica de Bergantiños) en 1950 e finado na Coruña o 4 de novembro de 2012, foi un político galego do PSdeG.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía clásica, profesionalmente dedicouse ao ensino do latín no ensino secundario. Politicamente é militante do PSdeG-PSOE, e resultou escollido concelleiro en Ferrol. Representante do partido xudicial de Ferrol na Deputación da Coruña, foi designado director do INEM na provincia da Coruña. Posteriormente foi designado subdelegado do goberno na provincia da Coruña, e en outubro de 2011, a un mes das eleccións xerais de 2011, delegado do goberno en Galicia, en substitución de Miguel Cortizo, candidato electoral polo PSOE.

Obras

Catalogación arqueolóxica da ría de Ferrol, 1986 (con Ana Romero Masiá).

Galicia nos textos clásicos, 1988 (con Ana Romero Masiá). Vida persoal É irmán do tamén político socialista Modesto Pose. Casou con Ana Romero Masiá.

Notas

Categoría:Delegados do goberno en Galicia Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en 1950 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Concelleiros de Ferrol