José Gea Escolano, nado en El Real de Gandia o 14 de xuño de 1929 e finado en Valencia o 6 de febreiro de 2017Muere monseñor Gea Escolano elprogreso.galiciae.com, foi un eclesiástico católico español que foi bispo de Mondoñedo-Ferrol.
Traxectoria Ingresou no Seminario Diocesano de Valencia, onde cursou estudos eclesiásticos ata que o 29 de xuño de 1953 recibiu a orde sacerdotal. O arcebispo valenciano designouno inicialmente coadxutor da parroquia de San Xaime de Moncada e en 1959 facíase cargo da parroquia urbana da Nosa Señora de Fátima, en Valencia. Nesa década foi tamén profesor de relixión católica en bacharelato.
En 1957 doutorouse en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca. Entre 1960 e 1966 foi profesor de Teoloxía moral na arquidiócese de Valencia, e a partir de 1970 de Teoloxía pastoral. En 1967 foi trasladado á parroquia de San Xaime de Moncada e catro anos máis tarde foi nomeado bispo auxiliar de Valencia co título de bispo titular de Aræ in Numidia, o 25 de marzo de 1971. Recibiu a consagración episcopal o 8 de maio de mans do arcebispo José María García Lahiguera. Permaneceu como bispo auxiliar até o 10 de setembro de 1976, cando foi nomeado bispo de Eivisa.
O 15 de maio de 1987 desígnano como bispo de Mondoñedo en substitución de Miguel Anxo Araúxo Iglesias. Durante os anos do seu bispado en Galicia destacou polas súas intervencións polémicas nos medios de comunicación, con manifestacións contra a homosexualidade e o aborto. Como bispo, foi membro da Comisión Episcopal de Pastoral, Comisión Episcopal do Clero, Comisión Mixta do Episcopado e presidente de Pastoral do Turismo, dentro da Conferencia Episcopal Española.
Xubilouse en 2005 e marchou de misioneiro ao Perú, onde traballou como auxiliar da parroquia de Santa María da Providencia, na diocese de Carabayllo.
Finou en febreiro de 2017 en Valencia ós 87 anos de idade.
Obra
Cartas a un misacantano. 1982 ¿Sí o no al aborto?. 1983 Religiosa, aquí y ahora. 1983 Sacerdote, aquí y ahora. 1983 Me comprometí con Cristo. Cartas de un obispo a un confirmado. 1984 Confirmados y comprometidos. 1985 La Confirmación ¿para qué?: 45 respuestas de un obispo a los confirmandos. 1986 Fermento en la masa: institutos seculares. 1987 Un obispo se confiesa. La historia de un sí. 1987 La Oración de la Virgen'. 1988 Joven, ¿y tu vocación?'. 1990 Pastoral juvenil desde la confirmación. 1990 Stop, Cristo en tu camino: reflexiones para jóvenes inquietos. 1990 Ser sacerdote en el mundo de hoy y mañana. 1991 Cristianos del mañana [Texto impreso] : curso de catequesis de confirmación. 1991 Ser sacerdote en el mundo de hoy y de mañana. 1991 Soy Jesús, ¿me conoces? : catequesis sobre Jesucristo para los jóvenes. 1991 El desafío vocacional de las parábolas: cómo plantear la vocación a los jóvenes de hoy. 1992 El hombre, especie no protegida. 1992 Iglesia, Gobierno y elecciones: los católicos ante las próximas elecciones. 1992 Todavía estamos a tiempo. 1993 A grandes retos, grandes testigos'''. 1994 De tú a tú con Jesús. 1995 Sendero hacia Lisieux. 1995 Catecismo básico. 1996 La oración del cristiano. 1998 El catecismo de los catequistas: la fe vivida y transmitida. 1999 Historia de la salvación contada a los niños. 2000 Catecismo de postcomunión. 2001 Catecismo para primera comunión. 2003 Jesús, centro de nuestra vida''. 2003
Notas
Categoría:Bispos da diocese de Mondoñedo Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores da Comunidade Valenciana Categoría:Nados na provincia de Valencia Categoría:Nados en 1929 Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Teólogos católicos Categoría:Finados en 2017