O Estado de Akwa Ibom é un estado pertencente á República Federal de Nixeria. Ten unha área de 7.081 km² e a súa poboación cífrase en 4 918 234 persoas (datos do censo do ano 2007), o que dá unha densidade de poboación de 694,6 habitantes por cada quilómetro cadrado. Limita polo leste con Cross River, polo oeste con Rivers e Abia, e polo sur co océano Atlántico.

Foi creado en 1987 do antigo estado Cross River e é unha das principais áreas produtoras de petróleo no país. A capital do estado é Uyo. Xuntamente co inglés, as principais linguas faladas son: ibibio, annang, oron, ibeno e eket.

Áreas de goberno local Este estado subdivídese internamente nun total de 31 Áreas de Goberno Local:

Abak Eastern-Obolo Eket Esit-Eket Essien-Udim Etim-Ekpo Etinan Ibeno Ibesikpo-Asutan Ibiono-Ibom Ika Ikono Ikot Abasi Ikot-Ekpene Ini Itu Mbo Mkpat-Enin Nsit-Atai Nsit-Ibom Nsit-Ubium Obot-Akara Okobo Onna Oron Oruk-Anam Udung-Uko Ukanafun Uruan Urue-Offong/Oruko Uyo

Categoría:Estados de Nixeria