Bayelsa é un Estado da República Federal de Nixeria, que se atopa entre os estados de Delta e Rivers, con capital Yenagoa. Posúe unha superficie de 10.773 quilómetros cadrados, e unha poboación que se cifra en 2 097 241 persoas (datos do censo do ano 2007), o que dá unha densidade de poboación de 194,7 habitantes por cada quilómetro cadrado.
O idioma falado é o ijaw, aínda que, como no resto de Nixeria, a lingua oficial é o inglés. Foi formado en 1996 a partir do estado de Rivers, sendo un dos estados máis novos.
Áreas de goberno local Este estado subdivídese nun total de oito Áreas de Goberno Local, a saber:
Brass Ekeremor Kolokuma/Opokuma Nembe Ogbia Sagbama Southern Ijaw Yenagoa
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina do Goberno do Estado de Nixeria
Categoría:Estados de Nixeria