As linguas benue-congo constitúen o maior grupo de linguas níxer-congo, cunhas 900 linguas segundo o Ethnologue 2009, e uns 270 millóns de falantes. Dentro deste grupo destacan as linguas bantús.

A clasificación destas foi proposta por Greenberg en 1963, meténdoas dentro das linguas volta-congolesas.

Clasificación Segundo Williamson & Blench 2000, as linguas Benue-Congo divídense nos seguintes subgrupos: miniatura|Xeografía das ramas benue-congolesas máis importantes.

Benue-Congo Occidental ou Volta-Níxer: Especialmente en Nixeria. Yoruboide, como o ioruba, propio de Nixeria estendéndose a Benín e Togo. Edoide, como o edo Iboide, como o igbo Nupoide, como o nupe Idomoide, como o idoma Akokoide Benue-Congo Oriental Platoide: Especialmente en Nixeria. Chamadas linguas de meseta ou Plateau (plató), ou tamén linguas nixerianas centrais. Kainji Plateau do Noroeste Plateau Central Plateau do Sueste Plateau do Sur Tarokoide Jukunoide Bantoide-Cross Cross River, no sueste de Nixeria, como é o ibigbo Bantoide Bantoide Norte: No Camerún e leste de Nixeria. Dakoide Mambiloide Tikaroide Bantoide Sur: Propias do sueste de Nixeria e oeste do Camerún, excepto as linguas bantús, que teñen presenza en toda África meridional. Jarawoide Tivoide, como o tiv Ekoide Linguas dos Campos (Grasland ou Grassfields), como o bamum Beboide Nyang Bantú, como o suahili, o zulú e o xhosa

Véxase tamén Bibliografía Joseph Greenberg: The Languages of Africa. Mouton, The Hague and Indiana University Center, Bloomington 1963. Bernd Heine et al: Die Sprachen Afrikas. Buske, Hamburg 1981. John Bendor-Samuel: The Niger-Congo Languages: A Classification and Description of Africa's Largest Language Family. University Press of America, Lanham, Nova York, Londres 1989. Williamson, Kay & Blench, Roger (2000) 'Niger-Congo', en Heine, Bernd e Nurse, Derek (eds) African Languages - An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press. Blench, Roger et al 2004, The Benue-Congo languages: A proposed internal classification.