Dafont ou DaFont é unha compilación de ficheiros para fonte de letra de descarga gratuíta. Están categorizadas por tema, e tamén poden estar clasificadas por nome, data e popularidade.
O sitio web foi creado por Milan Rodolphe o 15 de outubro de 2000, e está dispoñible en inglés, francés e castelán. A páxina permite que as persoas usuarias introduzan un texto calquera para previsualizar as fontes. Segundo a páxina de medición de tráfico na rede Alexa, Dafont está ao redor da posición 1.000 como páxina web máis visitada.
Véxase tamén Outros artigos Tipografía
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Deseño gráfico Categoría:Sitios web